Papaventos

Papaventos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026175
ISBN:
978-84-8302-617-5
Páginas:
200
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

20,50 €

IVA incluido
Comprar

En Papaventos, Xavier Queipo transpórtanos desde as douradas praias de  California ó País da Brétema, pasando por Chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional. A historia de Papaventos ten a súa orixe na morte de Giovanni Portiero, traductor de José Saramago ó inglés. Portiero morreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco de rematar a traducción de Ensaio sobre a Cegueira. Saramago contoullo, totalmente abraiado, a Donzelina Barroso, nunha entrevista que lle concedeu para a revista literaria The Paris Review, editada en Nova York no inverno de 1998, logo de recibir o Premio Nobel. Xavier Queipo  quere "que ninguén procure outra semellanza. Agás esta anécdota, que dá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. Por respecto a Portiero. Por respecto a Saramago. Por respecto a quen lea esta novela".A partir, pois, desta anécdota real Queipo ensarilla unha  historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridade que ofrece a percepción dun mundo de coordenadas coñecidas, para se mergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coa fatalidade.Papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca e desposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procura constante da iluminación e do equilibrio.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • 66
    Titulo del libro
    66
    Nº 03
    QUEIPO, XAVIER
    Xerais
    Xavier Queipo, un dos narradores galegos que máis se ten prodigado na narrativa breve, celebra o seu 66 aniver...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,50 €

  • Os Kowa
    Titulo del libro
    Os Kowa
    Nº 344
    Queipo, Xavier
    Galaxia
    Velaquí unha novela de aventruas que comeza en Europa (Bruxelas, Compostea, Copenhague) para continuar co pano...
    No disponible
  • BEBENDO O MAR
    Titulo del libro
    BEBENDO O MAR
    Xavier Queipo
    Deriva editores
    Francis, tradutor galego, radicado na Califórnia conhece Rose, informática e irlandesa. Martin, seu editor no...
    No disponible
  • MINUTOS PARA MEDIANOITE
    Titulo del libro
    MINUTOS PARA MEDIANOITE
    Nº 85
    Queipo, Xavier;Neto, Ramón
    Galaxia
    Partindo do tanxíbel, o poema esculca a zona iluminada polo foco da luz,ao tempo que estende a circunferencia ...
    No disponible
  • Ringside
    Titulo del libro
    Ringside
    Queipo, Xavier
    Sotelo blanco
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    5,00 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila