A carreira do salmón

A carreira do salmón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027035
ISBN:
978-84-8302-703-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

21,95 €

IVA incluido

A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década nesa angueira. A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada  por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo. Suso de Toro escribe dende a súa subxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos do noso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundo tecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobreza económica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional  galega á configuración política do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo e insubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza.  Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda aberto para os que teñan azos e vontade.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • Conta, Sherezade
    Titulo del libro
    Conta, Sherezade
    Toro, Suso De
    Xerais
    Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa famili...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,95 €

  • A sombra cazadora
    Titulo del libro
    A sombra cazadora
    De Toro, Suso
    Xerais
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para tod...
    No disponible

    11,60 €

  • FÓRA DE SI
    Titulo del libro
    FÓRA DE SI
    Nº 422
    De Toro, Suso
    Xerais
    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • Polaroid (Edición XXV Aniversario)
    Titulo del libro
    Polaroid (Edición XXV Aniversario)
    De Toro, Suso
    Xerais
    Polaroid de Suso de Toro bateu coma un lóstrego na narrativa galega da  década dos oitenta, axudando de forma...
    No disponible

    39,15 €

  • Santiago de Compostela
    Titulo del libro
    Santiago de Compostela
    Murado, Miguel Anxo / Toro, Suso de
    Anaya
    No disponible

    7,50 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • As matemáticas máis sorprendentes
    Titulo del libro
    As matemáticas máis sorprendentes
    Saco, Fernando
    Xerais
    O leitmotiv deste libro son os resultados matemáticos que chocan coas nosas ideas intuitivas previas e que nos...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €

  • Don Merlo con chaqueta
    Titulo del libro
    Don Merlo con chaqueta
    Villar, Helena
    Xerais
    O libro consta de quince breves contos cos animais como protagonistas.  Uns animais que case sempre son os que ...
    No disponible

    8,00 €

  • Lúas de nácara
    Titulo del libro
    Lúas de nácara
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser cam...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • Premio 2001 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo
    Titulo del libro
    Premio 2001 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo
    González Vázquez, Daniel
    Xerais
    No disponible

    8,25 €

  • CARLOS CASARES
    Titulo del libro
    CARLOS CASARES
    Nº 260
    VILLALAÍN, DAMIÁN
    Xerais
    Carlos Casares naceu en Ourense en 1941. Non tivo unha vida moi longa,  pois morreu en Vigo cando tiña só ses...
    No disponible

    12,70 €