A memoria de Betanzos

A memoria de Betanzos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029695
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-969-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

38,15 €

IVA incluido

"A memoria de Betanzos" recolle case un cento de gravados do século XIX, postais e viñetas de principios do século XX, catalogados e seleccionados por Carlos Díaz Martínez, que constitúen un paseo pola memoria gráfica da patria de Andrade o Bo, dunha cidade que foi ata 1833 capital dunha provincia do antigo Reino de Galicia. O presente volume, enmarcado na colección de Xerais de Albums de Postais, presenta por vez primeira unha coidada selección da historia gráfica de Betanzos, indispensable para a conservación do patrimonio monumental desta cidade histórica e da mellor difusión do seu coñecemento.Estas páxinas recollen desde as marcas prefilatélicas da cidade de 1830, planos turísticos de 1836, ata un amplo monllo de vistas xerais da cidade, do río Mandeo, do peirao, da Ponte Vella, da Ponte Nova, da Torre do Reloxo, da Tumba de Fernán Pérez de Andrade, das igrexas de San Francisco e de Santa María de Azougue, da Casa do Concello, dos Cantóns, da praza do Campo e das rúas máis significativas da cidade. Particular importancia teñen na obra as imaxes relativas ás festas do Globo de Betanzos e dos Caneiros e ós xardíns do Pasatempo.O volume complétase cun fermoso texto evocador, "Betanzos na memoria", preparado por Alfredo Erias Martínez, historiador, bibliotecario e director do Museo das Mariñas, que constitúe unha viaxe paralela á memoria gráfica, pola historia e polos  lugares de Betanzos. Os accesos polo Barrio das Cascas, pola Ponte Vella ou pola Ponte Nova, as transformacións que operou a chegada do ferrocaril, o subliñado góticos das igrexas, as rúas e bodegas da cidade, ou a praza do Campo, son espacios descritos con agarimo evocador e rigor histórico por Alfredo Erias. A presentación demorada dos xardíns do Pasatempo, promovidos polos irmáns García Naveira, e das festas dos Caneiros e do Globo de Betanzos completan un texto tan emotivo como indispensable para a recuperación da memoria colectiva de  varias xeracións de betanceiros.

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Pecados veniais
    Titulo del libro
    Pecados veniais
    López, Nazaret
    Xerais
    Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou meno...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • Níxer
    Titulo del libro
    Níxer
    Fernández Naval, F. X.;Franco Iglesias, Camilo;Costa Beiro, Alfonso
    Xerais
    O corazón segue na escuridade. Níxer era o país máis pobre do mundo ata que a terra fixo tremer Haití. Ní...
    No disponible

    20,95 €

  • Todo ok
    Titulo del libro
    Todo ok
    Nº 331
    Ameixeiras Novelle, Diego
    Xerais
    Tomando como base un suceso real, Todo OK relata a historia de Inés Landeira, unha muller involucrada nun deli...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • A narrativa mariña
    Titulo del libro
    A narrativa mariña
    López Abente, Gonzalo
    Xerais
    A publicación destas novelas curtas, ou relatos, quere dar a coñecer parte da obra literaria do escritor muxi...
    No disponible

    20,95 €

  • Galván en Saor
    Titulo del libro
    Galván en Saor
    Cabana, Darío Xohán
    Xerais
    No disponible

    13,75 €