A noite do moucho

A noite do moucho

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652406
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-240-6
Páginas:
120
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA A.REI BALLESTEROS

Trátase dun texto non definitivo, mais si completo e rematado, que Anxo Rei Ballesteros empezou a escribir a man en Codeso (Boqueixón) no  mes de agosto do 2007 e que estaba a pasar a unha versión final mecanoscrita cando a enfermidade lle impediu continuar. Tanto o manuscrito como a parte mecanografada foron profusamente corrixidas polo autor, correccións que esta edición recolle. Na novela, un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade. Entre as características literarias desta obra destaca o papel da oralidade como método narrativo; o autor opta pola palabra dinámica, achegada á fala, en prexuízo da lingua formalizada. En A noite do moucho, a comunicación oral é fundamental para facer da obra literaria un texto no que o receptor atope, coma nun diálogo, a posibilidade de participar, de cuestionar a verdade do escrito.
 Novela inédita de Anxo A. Rei Ballesteros que se publica postumamente e coa que se inicia a Biblioteca Rei Ballesteros, na que se vai recoller a obra literaria do autor.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila