A praia dos afogados

A praia dos afogados

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651805
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-180-5
Páginas:
512
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

20,95 €

IVA incluido

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre  homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso  difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
 Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • La playa de los ahogados
    Titulo del libro
    La playa de los ahogados
    Villar [Vázquez], Domingo
    Siruela
    «La playa de los ahogados es honda y humana... ¡Perdonen que no evite empujar hacia su lectura!»  ...
    No disponible

    19,90 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • Ti
    Titulo del libro
    Ti
    Nº 420
    Lertxundi, Ánjel
    Galaxia
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un...
    No disponible
  • A era de Lázaro
    Titulo del libro
    A era de Lázaro
    Carballeira, Paula
    Galaxia
    Os mortos non deben volver. Se regresasen, provocarían o caos, a aparición dunha nova era. Velaquí a era de ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €

  • Valdemuller
    Titulo del libro
    Valdemuller
    Nº 140
    Neira Cruz, Xosé A.
    Galaxia
    Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna n...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • RAMON OTERO PEDRAYO. VIDA, OBRA E PENSAMENTO (BN)
    Titulo del libro
    RAMON OTERO PEDRAYO. VIDA, OBRA E PENSAMENTO (BN)
    X.R.QUINTANA / M.VALCARCEL
    Galaxia
    No disponible
  • A lista da compra
    Titulo del libro
    A lista da compra
    Nº 103
    Besteiros, María
    Galaxia
    A maternidade dos fillos vivos e da filla morta, a incomunicación, a vida illada nun rural organizado desde os...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,90 €