A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Año de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

18,80 €

IVA incluido

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Anamarciana no Planeta Vermello
    Titulo del libro
    Anamarciana no Planeta Vermello
    Varela Ferreiro, Alberto
    Xerais
    Marte é o Deus da guerra segundo a mitoloxía romana pero tamén é o Planeta Vermello porque dende a Terra re...
    No disponible

    8,20 €

  • Lorenzo Varela (1916-1978)
    Titulo del libro
    Lorenzo Varela (1916-1978)
    Salgado, Fernando;Alonso Montero, Xesús;Ferreiro Fente, Xosé Gregorio;Portas Gómez, Alberto;Bernárdez, Carlos L.;Axeitos, Xosé Luís
    Xerais
    A presente obra, coordinada por Fernando Salgado García, un dos biógrafos máis destacados do poeta Lorenzo V...
    No disponible

    51,50 €

  • Fahrenheit 451
    Titulo del libro
    Fahrenheit 451
    Nº 83
    Bradbury, Ray
    Xerais
    Fahrenheit 451 é a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Os libros están prohibidos e Guy Montag, b...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,95 €

  • Xogos de damas
    Titulo del libro
    Xogos de damas
    Ballesteros, Anxo R.
    Xerais
    No disponible

    6,45 €

  • A árbore que dá as lágrimas de Shiva
    Titulo del libro
    A árbore que dá as lágrimas de Shiva
    Sánchez Iglesias, Cesáreo
    Xerais
    «A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é temp...
    No disponible