A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
 IBD

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873006
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-300-6
Páginas:
286
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

A visión do amor
no cancioneiro de Don Denis
Estudo e edición de  33 cantigas de amor.

Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigas
de amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas cales
aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópico
xa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos
trázase  unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco,
unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola voz
poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplación
da senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico e
literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa
fi xación textual, realizada seguindo as tendencias  'neo-lachmanianas' e
outras achegas actuais e signifi cativas da  crítica textual.
O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas,
fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais este
destaca tamén cualitativamente, debido á  unión nas súas composicións
da tradición poética previa con elementos innovadores, así como polo
diálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal.
O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produción
lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza
a nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel como
o último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito
que redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do noso
glorioso patrimonio cultural e literario

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Laiovento (ibd) en Libreria Porta Da Vila

  • SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)
     IBD
    Titulo del libro
    SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)
    Manuel López Foxo
    Laiovento (ibd)
    Manuel MaríaDespois de don Ramón Otero Pedrayo, a figura máis patriarcal daintelectualidade galega é, sen d...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

  • A vontade de cambiar
     IBD
    Titulo del libro
    A vontade de cambiar
    bell hooks
    Laiovento (ibd)
    Neste libro bell hooks convoca os homes para o cambio e chama as mulleres a axudar nesa transformación. Presé...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • O paseo
     IBD
    Titulo del libro
    O paseo
    Robert Walser
    Laiovento (ibd)
    O paseo, que chegou ás librarías en 1917, é seguramente a obra máis emblemática do suízo Robert Walser. E...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    11,95 €

  • IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LTERARIO GALEGO
     IBD
    Titulo del libro
    IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LTERARIO GALEGO
    ANTÓN FIGUEROA LORENZANA
    Laiovento (ibd)
    Título: IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LITERARIO GALEGOAutor: ANTÓN FIGUEROA LORENZANANo rexurdimento da cu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA
     IBD
    Titulo del libro
    CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA
    FRANCISCO RODRÍGUEZ
    Laiovento (ibd)
    CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZAA situación do galego como síntoma.Os leitores e leitoras teñen ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €