Antón Reixa

Antón Reixa. Ghicho distinto

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499143996
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-399-6
Páginas:
280
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
220
Alto:
145
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRóNICA

A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas. A súa obra comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o  cinema. En todos estes ámbitos -e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social-, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo.  E sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira  toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país. Nestas conversas co escritor X.  Cid Cabido e co crítico Manuel Xestoso, Antón Reixa vai debullando os  aspectos máis relevantes da súa biografía, as claves do seu traballo e as liñas esenciais do seu pensamento artístico e político.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila