Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028353
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8302-835-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira "Oracións para os vosos nomes", susceptible  de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte  e da literatura galega. As tres restantes seccións, "Pregoeira da ledicia", "O teu corpo florido" e "Ausencia e noiva baixo raíces", constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas  activas da conciencia.O segundo poemario, Tempo de Compostela, está formado por tres seccións, que levan por título "Poemas diacrónicos", "Poemas contemporáneos" e "Poemas nominados", ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de "belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe", isto é, dos poemas que integran a obra.  Deste xeito atopa xustificación a presencia dos "poemas diacrónicos",  compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a Idade Media ata a actualidade.O presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • A novela do Bravú
    Titulo del libro
    A novela do Bravú
    Souto, Xurxo
    Xerais
    Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos no...
    ¡Próximo lanzamiento! Disponible a partir de 13-11-2025
  • Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982)
    Titulo del libro
    Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982)
    Rodríguez Polo, Xosé Ramón
    Xerais
    Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo de Xosé Ramón Rodríguez Polo aborda a estratexia que elaboraron...
    No disponible

    21,00 €

  • O primeiro amor
    Titulo del libro
    O primeiro amor
    Turguenev, Ivan Sergueevich
    Xerais
    " De O primeiro amor cómpre dicir . que é cabalmente verdadeira, propiamente un espello da realidade...
    No disponible

    7,25 €

  • A Coruña e As Mariñas
    Titulo del libro
    A Coruña e As Mariñas
    LAREDO VERDEJO, X.L.
    Xerais
    No disponible

    13,60 €

  • Dúas bágoas por Máquina
    Titulo del libro
    Dúas bágoas por Máquina
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que ...
    No disponible

    9,95 €