As ilusións estrañas

As ilusións estrañas

Nº:
328
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498655438
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-543-8
Páginas:
160
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Os contos que forman este libro de Antón Dobao son diferentes entre si  pero todos teñen en común unha arela por transitar zonas prohibidas. A perda é unha constante destes relatos, a sensación de final -case apocalíptica- é outra das atmosferas que pairan sobre As ilusións estrañas. Un xogo de luces e sombras que, ao esvaeceren, deixan á vista unha realidade distinta do que en principio aparentaba.
 A fronteira entre o real e o imaxinario, ese territorio no que a realidade parece que perde a súa consistencia, é o lugar onde aniñan As ilusións estrañas. Antón Dobao amosa unha habelencia insólita para escoller os feitos narrados -as situacións, os personaxes que as viven- e as palabras coas que estes se narran. Trátase do xogo da ficción, no que o autor introduce a quen le sen que, ata o momento preciso, este se dea decatado das regras que gobernan os feitos e a xente dese mundo aparentemente próximo e doadamente intelixible. Velaquí o que escribiu Giacomo Leopardi sobre as ilusións no seu Zibaldone di pensieri: "O pracer máis sólido desta vida é o pracer van  das ilusións. Eu considero as ilusións como algo en certo xeito real,  tendo en conta que son ingredientes esenciais do sistema da natureza humana [...] de maneira que non é lícito explicalas como soños dun único ser humano senón como xurdidas de veras da natureza; sen elas, a  nosa vida sería a máis mísera e ruín das cousas."
 Ao cabo, en As ilusións estrañas todo o que parecía ser unha procura rigorosa da verdade acaba por se converter en material para alimentar algo falso: unha ficción perfecta e convincente; iso que, en esencia, vén sendo a literatura.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • Materia
    Titulo del libro
    Materia
    López Dobao, Xosé Antón
    Xerais
    O ser humano e a materia confúndense ata tal dimensión que por veces o  individuo imaxina sentir que se dista...
    No disponible

    16,95 €

  • Incertos
    Titulo del libro
    Incertos
    López Dobao, Xosé Antón
    Xerais
    Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é  predicible. Son trece historias nas q...
    No disponible
  • O tigre na boca do lagarto
    Titulo del libro
    O tigre na boca do lagarto
    Dobao, X. Antón
    Xerais
    Unha parella que se perde no medio da fraga e se reencontra, un eterno  retorno entre a paixón erótica e o ab...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • De ratos e homes
    Titulo del libro
    De ratos e homes
    Steinbeck, John
    Galaxia
    No disponible

    10,10 €

  • MULLERES QUE (NOS) DAN QUE PENSAR
    Titulo del libro
    MULLERES QUE (NOS) DAN QUE PENSAR
    Nº 6
    López Souto, África
    Galaxia
    Por fortuna, ao longo das últimas décadas vanse destapando nomes femininos nos que fixar a mirada e sobre os ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    25,55 €

  • A casiña azul
    Titulo del libro
    A casiña azul
    Comino, Sandra
    Galaxia
    Premio Iberoamericano de Novela. Cintia non é feliz. Pero a avoa Pina,  a amizade especial de Bruno e os libro...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,40 €

  • Bela e Besta
    Titulo del libro
    Bela e Besta
    Perrault, Charles
    Galaxia
    As grandes historias de amor non dependen da beleza física, senón doutra forma de fermosura máis profunda. B...
    No disponible
  • CONTIÑOS DA TERRA
    Titulo del libro
    CONTIÑOS DA TERRA
    GARCIA BARROS, MANUEL
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,50 €