Conversa con Xosé Chao Rego

Conversa con Xosé Chao Rego. Dende a Serra de Meira á Guarda mareira

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028292
Año de edición:
Materia
BIOGRAFIAS
ISBN:
978-84-8302-829-2
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

18,00 €

IVA incluido

Este libro de conversas ten dous intensos motivos. Un é o pequeno gran  planeta Irimia, esa corrente, movemento colectivo que cumpre vintecinco anos de existencia e que foi xerando un xeito singular de estar e ser desta Terra neste tempo. Un estilo de vivir, en boa sincronía, coma cousas que deitan da mesma fonte primordial, a identidade galega e a experiencia crente. O outro é o seu protagonista  formal, unha persona entrañable, creadora, entregada a causas xustas,  que acreditan a calidade humana do que con elas se compromete. Na aproximación a Irimia batemos con Xosé Chao Rego. No achegamento a Pepe Chao descubrimos Irimia. E a partir de aí, paseniñamente, vanse debullando, desde a descrición do anecdótico a momentos de conmovedora  e íntima introspección, as claves que fan posible unha vida e unha experiencia tan atractiva, desconcertante e tenra coma a de Xosé Chao Rego.O presente libro, preparado polo sociólogo e membro de Irimia Daniel López Muñoz, constitúe un longo diálogo cun transgresor, un percorrido polo periplo vital dun home que nunca estivo no sitio correcto, un itinerario dende a serra de Meira á Guarda mareira, metáfora evocadora da rota vital do río Miño, que foron facendo Pepe Chao e o movemento Irimia, os dous protagonistas do volume. Nesta conversa, Xosé Chao Rego, vai abordando os temas claves do seu pensamento: dende o nacemento do movemento e da revista Irimia nas fontes da galeguidade, a súa acción pastoral na parroquia de Santa Mariña do Vilar, a súa participación política; a súa concepción da Igrexaa súa dimensión de ensinante contaxioso; ata a súa visión da fe,  en tempos de liberdade e secularidade. O libro complétase con pequenas ilustracións de palabra e recordo dun fato de bos amigos.. Inclúe, tamén, unha boa cantidade de fotografías e documentos, así como unha completa biobliografía da obra de Xosé Chao Rego, de quen se  ten dito é a persoa que máis leva escrito en galego na enteira historia de Galicia.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Os tres de nunca
    Titulo del libro
    Os tres de nunca
    Nº 405
    Taibo, Nacho
    Xerais
    Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do...
    No disponible
  • Ambulancia
    Titulo del libro
    Ambulancia
    De Toro, Suso
    Xerais
    Ambulancia é unha novela negra e redonda, que unha vez rematada deixa moi bo sabor de boca. Suso de Toro non s...
    No disponible

    19,50 €

  • (02).MUSICA 1O.CICLO ESO (1O-2O) SECUNDARIA XERMUS
    Titulo del libro
    (02).MUSICA 1O.CICLO ESO (1O-2O) SECUNDARIA XERMUS
    Vázquez Tur, Mariano
    Xerais
    No disponible

    Consulte en nuestra
    Librería

  • Escarlatina, a cociñeira defunta
    Titulo del libro
    Escarlatina, a cociñeira defunta
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniv...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • A casa abandonada
    Titulo del libro
    A casa abandonada
    Heinze, Ursula
    Xerais
    Olalla é unha regular estudiante de final do 2º ciclo de primaria. O feito de suspender un exame obriga á pr...
    No disponible