Economía da empresa 2ºbacharelato

Economía da empresa 2ºbacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630103
Año de edición:
Materia
ECONOMIA Y EMPRESA
ISBN:
978-84-92630-10-3
Páginas:
390
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
2ºBACHARELATO

31,68 €

IVA incluido

A empresa é o centro da actividade económica.O obxectivo da Economía da Empresa é mostrar que é e como actúa unha empresa no seu contexto económico e sociopolítico, analizando as súas características e funcionamento global.
 
 O obxectivo, pois, deste libro é o de permitir coñecer a empresa encanto que organismo encargado de producir todo aquilo que a sociedade necesita, así como o seu funcionamento a través da análise das súas distintas áreas funcionais de actividade.
 
 O Boletín Oficial do Estado do 6 de novembro de 2007 recolle os contidos mínimos do bacharelato e en concreto os referidos á materia de Economía da Empresa establecidos pola administración educativa. Dando continuidade a estes contidos, a Administración galega (DOG do 23 de xuño de 2008) aproba o currículo obxecto de estudo e, en función  del, planifícase o desenvolvemento da materia. As modificacións introducidas no decreto xustifican a reelaboración do anterior manual de 2004 da mesma autoría, dando lugar a esta nova proposta que confiamos igualmente sirva para os fins para os que foi escrita. 
 A materia busca estudar a empresa, tanto desde unha perspectiva interna como das súas interaccións coa sociedade. Tendo en conta que a  empresa é un organismo en constante adaptación aos cambios que se dan  na sociedade, trata de entender a lóxica das súas actuacións valorando os seus resultados e as consecuencias da súa actuación, tanto desde o punto de vista social como ético ou ambiental.
 
 O presente manual está estruturado en sete bloques de contidos, que recorren as diversas actividades da empresa, desde o concepto e as relacións co contorno até as diferentes áreas funcionais de actividade, e un anexo que servirá de guía para a elaboración dun proxecto empresarial. O primeiro bloque analiza a empresa e as súa función social, estudando o concepto, clases e relación co seu contorno. O segundo bloque analiza a empresa en funcionamento, en aspectos como localización, dimensión e crecemento. O terceiro céntrase na organización e os recursos humanos dentro da empresa. A partir de aquí estudaranse as distintas áreas funcionais da empresa, comezando, no bloque cuarto, pola función produtiva e os custos da produción, e continuando, do bloque quinto ao sétimo, coa función comercial, económica e financeira da empresa. En total, 14 capítulos que son tratados, didáctica e pedagoxicamente, dun xeito similar: 
 En cada tema un esquema conceptual inicial pretende, a modo de instantánea, mostrar unha idea xeral do seu contido; con posterioridade ao desenvolvemento dos seus contidos específicos, faise  unha síntese daqueles elementos que constitúen as ideas clave, como indicadores dos conceptos de maior peso e resumo do tratado nas páxinas anteriores. Finalmente propóñense unhas cuestións e exercicios  de autoavaliacións que, utilizando as máis das veces un formato de preguntas concretas serven para repasar e practicar o estudado. O currículo establece a necesidade de realizar un Proxecto de Iniciativa  Empresarial que globalice todo o estudado.
 
 A realización deste proxecto pode facerse de diversos xeitos, aquí suxírense dúas formas: 1) Seguir a orde dos bloques temáticos, polo que, ao final de cada un deles, e relacionados cos contidos tratados nos distintos temas, se presentan unhas actividades a realizar orientadas a confeccionar un proxecto. 2) Seguir o apuntado no último bloque ou específico do proxecto, en que os apartados pretenden dar contido ao que sería un Plano de empresa. Calquera das opcións pretende alcanzar o mesmo obxectivo: facer un plano de posta en marcha  dun negocio. A elección dun ou outro dependerá do tempo ou a intensidade que se lle queira dedicar.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • Economia 1ºbacharelato
    Titulo del libro
    Economia 1ºbacharelato
    Prieto-puga Fariña, Rafael
    Baia
    Este manual ten como obxectivo fundamental proporcionar aos bachaleres  os medios para comprender o funcionamen...
    No disponible

    31,00 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Baia en Libreria Porta Da Vila

  • As mulleres na Filosofía
    Titulo del libro
    As mulleres na Filosofía
    Fernández Buján, Inés
    Baia
    A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como o...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,55 €

  • A guía dos anfibios e reptís de Galicia
    Titulo del libro
    A guía dos anfibios e reptís de Galicia
    Asensi Cabirta, Moisés
    Baia
    Esta guía estuda os 14 anfibios e 29 réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,55 €

  • O CORPO HUMANO
    Titulo del libro
    O CORPO HUMANO
    Paris, Mathilde
    Baia
    Libros presentados ao xeito dos documentais nos que un animal, que actúa como presentador, descobre e mostra ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,06 €

  • Entre o ceo e o mar
    Titulo del libro
    Entre o ceo e o mar
    Luo, Gwendolyn
    Baia
    Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A ...
    No disponible
  • Guía dos microorganismos das augas continentais
    Titulo del libro
    Guía dos microorganismos das augas continentais
    Perez, Carlos
    Baia
    Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente  calidade iconográfica, a gran varie...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,55 €