Feminismos

Feminismos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499145006
Año de edición:
Materia
SOCIOLOGIA
ISBN:
978-84-9914-500-6
Páginas:
296
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

25,95 €

IVA incluido
Comprar

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras  e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga  Unión Soviética, China, India ou Africa subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a  discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos». Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas  que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • SOÑO DE INFANCIA
    Titulo del libro
    SOÑO DE INFANCIA
    ROUCO, MONCHO
    Xerais
    A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias  e o ritmo vibrante dos relatos de aven...
    No disponible

    19,95 €

  • Diccionario Xerais Galego-Castelán Castellano-Gallego
    Titulo del libro
    Diccionario Xerais Galego-Castelán Castellano-Gallego
    Castro Macía, Luis
    Xerais
    No disponible

    21,00 €

  • A derrota de Galicia
    Titulo del libro
    A derrota de Galicia
    Baamonde García, Antón
    Xerais
    A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos...
    No disponible
  • Galicia. Unha luz no Atlántico
    Titulo del libro
    Galicia. Unha luz no Atlántico
    Dehesa Romero, Guillermo de la / Fernández Freixanes, Víctor / Gondar Portasany, Marcial / Monteagudo, E. /  
    Xerais
    Nas portas do terceiro milenio, debruzada no vello balcón atlántico, Galicia, a mítica Fisterra, preséntase...
    No disponible

    46,95 €

  • Boas noites
    Titulo del libro
    Boas noites
    Carballeira, Paula
    Xerais
    Xiana, a protagonista de "Boas noites", non ten tempo nin para pensar,  moito menos para xogar ou para soñar. ...
    No disponible

    15,25 €