Guía das plantas de Galicia

Guía das plantas de Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411103558
Año de edición:
ISBN:
978-84-11-10355-8
Páginas:
512
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Guías da natureza

55,95 €

IVA incluido
Comprar

A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna. O libro comeza cunha introdución xeral que trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades que ofrece Internet e xeoloxía de Galicia. Contémplase a  normativa legal actualizada sobre protección dos hábitats naturais e a listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, que inclúe o "Catálogo galego de especies ameazadas", así como o "Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España". Ademais, en cada especie tratada indícase a categoría con que pode estar no devandito catálogo, así como a posible consideración de invasora pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Logo, aborda a obra as claves que permiten a determinación ata o nivel de especie ou subespecie, para entrar nas fichas descritivas dos 1715 taxons (a maioría dos que en Galicia existen), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos máis habituais, nomes populares en galego, castelán e inglés, descrición -con especial atención ás características que teñen valor diferencial-, hábitats máis habituais e fenoloxía da floración. A "Guía das plantas de Galicia" contén, ademais, 1493 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como outro tipo de iconas nos casos que se consideran oportunos. A obra remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados, unha bibliografía básica e un completo índice alfabético.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • GUÍA DE LOS JARDINES DE MÈNDEZ NÚÑEZ
    Titulo del libro
    GUÍA DE LOS JARDINES DE MÈNDEZ NÚÑEZ
    García Vázquez, Xosé Ramón
    Arenas
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    17,99 €

  • GUÍA DOS XARDÍNS DE MÈNDEZ NÚÑEZ
    Titulo del libro
    GUÍA DOS XARDÍNS DE MÈNDEZ NÚÑEZ
    García Vázquez, Xosé Ramón
    Arenas
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    17,99 €

  • Os sons da lingua
    Titulo del libro
    Os sons da lingua
    ´Regueira, Xosé Luís (Coor. ) / Dubert García, Francisco / Novo Folgueira, Ramón
    Xerais
    Este manual é un instrumento para a aprendizaxe, a práctica e operfecionamento da pronunciación da lingua ga...
    No disponible

    29,80 €

  • EDIFICIOS CORUÑESES CON HISTORIA
    Titulo del libro
    EDIFICIOS CORUÑESES CON HISTORIA
    GARCÍA VÁZQUEZ,XOSÉ RAMÓN
    Arenas
    Nesta obra a modo de compendio, Xose´ Ramo´n Garci´a Va´zquez, consigue aproximarnos a unha mostra relevant...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    20,00 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Papeliños. Vacacións 5 anos
    Titulo del libro
    Papeliños. Vacacións 5 anos
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período...
    No disponible

    11,90 €

  • Cantares gallegos
    Titulo del libro
    Cantares gallegos
    Castro, Rosalía De
    Xerais
    Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no s...
    No disponible

    16,95 €

  • Biblia popular galega
    Titulo del libro
    Biblia popular galega
    Chao Rego, Xosé
    Xerais
    Neste libro fermoso, Xosé Chao Rego ofrece cen traducións doutros tantos fragmentos da Biblia. Un traballo de...
    No disponible

    41,85 €

  • AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO
    Titulo del libro
    AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO
    Nº 421
    BÓVEDA, JORGE EMILIO
    Xerais
    Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axe...
    No disponible
  • O infortunio da soidade
    Titulo del libro
    O infortunio da soidade
    Caneiro, Xosé Carlos
    Xerais
    ...amada Dalmara, habitáculo polo que demoro a fervenza da respiración  artificial, boca a boca do delirium t...
    No disponible

    19,95 €