Hamlet
 IBD

Hamlet

Nº:
429
Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484876281
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-628-1
Páginas:
208
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
Teatro

A tráxica historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, de William Shakespeare, é unha obra profunda, complexa e enigmática que transcende os límites da traxedia de vinganza. O seu protagonista ten sobre a súa conciencia a dura tarefa de vingar o aleivoso asasinato de  seu pai perpetrado polo seu propio irmán, Clodio, para arrebatarlle a  coroa e a esposa; pero para iso el mesmo debe converterse en asasino.  Antes de consumar a vinganza, que inevitablemente acabará en catástrofe, Hamlet será responsable, directa ou indirectamente, doutras mortes. É unha traxedia de dimensións e resonancias universais. Pode non ser a obra máis perfecta de Shakespeare, pero si a máis estudada e traducida, a máis representada e filmada e , sen ningunha dúbida, a máis popular. Tanto a obra como o seu protagonista foron (e seguen sendo) analizados desde todos os puntos de vista posibles: estético, ético, filosófico, psicoanalítico, político, feminista... Hamlet é a obra dramática máis influente da cultura occidental e a máis citada, e o seu protagonista segue a ser contemporáneo noso, igual que o foi para xeracións de séculos anteriores. A profundidade da obra, a súa complexidade e ambigüidade fan que non poidamos conseguir nunca un Hamlet definitivo. É e seguirá  sendo sempre unha obra aberta, susceptible de múltiples lecturas.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

Laiovento (ibd) en Libreria Porta Da Vila

  • A casa sen nós
     IBD
    Titulo del libro
    A casa sen nós
    Xaime Toxo
    Laiovento (ibd)
    Unha casa enfronte do mar, bañada pola marusía nos días de temporal, dúas plantas, un patio, unha escaleira...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,00 €

  • A timidez das copas
     IBD
    Titulo del libro
    A timidez das copas
    Ruth Oliveira
    Laiovento (ibd)
    A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide. A...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

  • MANUEL-ANTONIO. DE CATRO A CATRO
     IBD
    Titulo del libro
    MANUEL-ANTONIO. DE CATRO A CATRO
    Manuel Castelao
    Laiovento (ibd)
    A fascinación desatada pola figura de Manoel Antonio converteunoen  autor moito máis admirado do que lido. No...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    30,00 €

  • Ao voso gusto - Medida por Medida
     IBD
    Titulo del libro
    Ao voso gusto - Medida por Medida
    William Shakespeare
    Laiovento (ibd)
    Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta  índole que son boa mostra da amplitu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • Música para días de inverno
     IBD
    Titulo del libro
    Música para días de inverno
    Pablo Nogueira
    Laiovento (ibd)
    Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía i...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €