La Belle Otero

La Belle Otero

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026991
Materia
BIOGRAFIAS
ISBN:
978-84-8302-699-1
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

46,35 €

IVA incluido

Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a galega máis universal do século XX. A neniña que, nacida no seo dunha humildísima familia da  Ponte, no concello de Valga, o 4 de novembro de 1868, sería considerada como a máis luminosa das figuras daquel París da Belle Epoque; a definida polo pintor Paul Klee como "unha muller da cabeza aos pés".A Bela Otero, a "serea dos suicidas", como era chamada pola prensa norteamericana, pola que tolearon banqueiros e nobres que se bateron e arruinaron por ela. A Lina, que describiu a súa amiga a escritora francesa Colette, chea de alegría e pracer de vivir. A actriz de notable talento solicitada para a Opera-Cómica de París, que  estudiou o mesmo Marcel Proust para incluír como personaxe dalgunha das súas obras. A xogadora que aos catorce anos fixo saltar vinteunha veces consecutivas a ruleta xogando ao vermello no Casino de Montecarlo. A artista que con corenta e cinco anos decidiu retirarse da escena e trocar de xeito de vida e foi considerada como un símbolo dunha "época superficial, lixeira, á vez virtuosa e cínica".A Carolina  Otero, esa beleza galega que fixo languidecer a vellos e mozos e os fotógrafos parisinos que colorean os seus retratos en tarxetas postais; a muller que posuíu unha enorme riqueza en xoias, que adornaron o seu corpo inmortalizado por grandes debuxantes da súa época.A Bela Otero, a que ocultou Galicia no seu corazón como tantos emigrantes, pero que levou sempre consigo a lingua propia ata o seu pasamento en Niza, o 12 de abril de 1965, testando a prol dos pobres de Valga.A edición deste álbum de postais da Bela Otero, prologado por  un fermoso texto de Luís Seoane, recollido dunha audición radial do programa "Galicia Emigrante" de 1959 e editado en galego, castelán, francés e inglés, constitúe unha auténtica alfaia bibliográfica para a  recuperación rigorosa da imaxe verdadeira dun dos símbolos da gracia e da beleza de Galicia.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • O que é a vida
    Titulo del libro
    O que é a vida
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    Teo Runner, o repartidor máis rápido do Interpizza, aguanta a un xefe irascible e moi esixente. Aproveita as ...
    No disponible

    14,50 €

  • Multitudes
    Titulo del libro
    Multitudes
    Reimóndez, María
    Xerais
    Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cam...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • Non fales o que non debes
    Titulo del libro
    Non fales o que non debes
    Nº 460
    García Mañá, Luís Manuel
    Xerais
    En Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz d...
    No disponible
  • O SOMBREIRO DO MAGO
    Titulo del libro
    O SOMBREIRO DO MAGO
    FERRER, ÁNXELES
    Xerais
    Había una vez un mago chamado Cornelio que tiña un circo. En cada función saían do seu sombreiro de copa os...
    No disponible
  • Muriel. Caos no laboratorio lácteo
    Titulo del libro
    Muriel. Caos no laboratorio lácteo
    Canosa, María
    Xerais
    Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €