Lingua e futuro
 IBD

Lingua e futuro

Nº:
260
Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875734
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8487-573-4
Páginas:
276
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
Ensaio

Este volume recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas actuais á situación da lingua galega na actualidade.

Mergullándose na complexidade da situación sociolingüística actual, as autoras e os autores dos textos que se inclúen nesta obra colectiva achegan as súas interpretacións reparando  nos matices e fuxindo de descricións monolíticas e simplistas. O público lector achará, pois, nestas contribucións discursos heteroxéneos que conflúen na necesidade tanto de preservar o galego como lingua propia e principal deste país como de denunciar o asasinato das linguas como máis unha ferramenta de opresión e de dominación.

Nesta liña, as páxinas deste volume pretenden coadxuvar a reverter a situación actual da lingua galega e obrigarnos a reflexionar criticamente sobre os camiños que debemos tripar. A perspectiva adoptada é fundamentalmente sincrónica, na procura de dar solucións e alternativas pensando e situándose no aquí e no agora desta conxuntura particular. Con todo, sendo a defensa do galego o centro da obra, a ollada que se deita ten como protagonista principal a diversidade lingüística e o convencemento de preservarmos, a través do seu mantemento, as diferentes maneiras de ver o mundo que constitúen unha riqueza substancial para a Terra e para os seres que a  habitamos.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Laiovento (ibd) en Libreria Porta Da Vila

  • NOVO TEATRO FANTASTICO
     IBD
    Titulo del libro
    NOVO TEATRO FANTASTICO
    LOURENZO, MANUEL
    Laiovento (ibd)
    Titúlase este tomo NOVO TEATRO FANTASTICO por ser, en certa maneira, continuador daquel FORNO DE TEATRO FANTAS...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • XAN DO ARRANALDO
     IBD
    Titulo del libro
    XAN DO ARRANALDO
    Rafael Fontoira Surís
    Laiovento (ibd)
    Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • O restos do franquismo en Galiza
     IBD
    Titulo del libro
    O restos do franquismo en Galiza
    Mauel Monge González
    Laiovento (ibd)
    Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquista...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • Golpitas e represores
     IBD
    Titulo del libro
    Golpitas e represores
    Lamela García, Luís
    Laiovento (ibd)
    En Galiza, os crimes dos falanxistas seguen sendo unha das grandes eivas na recuperación da memoria histórica...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • O reiciño de Galiza
     IBD
    Titulo del libro
    O reiciño de Galiza
    Nº 15
    Hugo, Victor
    Laiovento (ibd)
    Congratúlase Laiovento en publicar na colección VentoaLto unha nova edición de O reiciño de Galiza, de Vict...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €