Manual de Ciencias da Linguaxe

Manual de Ciencias da Linguaxe

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025888
ISBN:
978-84-8302-588-8
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

48,35 €

IVA incluido

Este Manual de Ciencias da Linguaxe é o resultado dun proxecto entusiasta: publicar en galego un texto comprehensivo sobre a linguaxe. A diversidade temática tratada polos respectivos especialistas ó longo de quince capítulos (desde a orixe da linguaxe na especie humana ou a zoosemiótica ata a fonética e fonoloxía, pasando pola psicolingüística ou a antropoloxía lingüística) favorece unha visión plural dos fenómenos lingüísticos, de tal xeito que este libro pode ser do interese do conxunto de profesionais da linguaxe, sexa cal sexa o seu labor concreto, pero constitúese, sobre todo, como  un excelente material de traballo para alumnos e profesores das universidades galegas.Manual de Ciencias da Linguaxe inclúe unha serie  complexa de materiais, con vistas a facilitar a súa explotación didáctica: cada un dos quince capítulos posúe unha batería de exercicios prácticos, un listado de lecturas comentadas e mais unha bibliografía introductoria nas páxinas iniciais: manuais de lingüística xeral, diccionarios, enciclopedias, selección de revistas,  etc. Na parte final do libro, o lector atopará un extenso glosario, índices analíticos, de autores e de linguas.Os autores pretenden que este volume estimule a reflexión e o debate entre tódolos estudiosos da lingua e a lingüística galegas e contribúa a un aínda maior desenvolvemento dunha disciplina que asiste a unha particular expansión nos últimos tempos. Porque o seu enriquecimento e a ampliación das súas miras han redundar tamén na expansión e dinamización da propia lingua galega.

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Peixes do mar de Galicia II
    Titulo del libro
    Peixes do mar de Galicia II
    Vázquez, Xavier;Rodríguez Villanueva, Xosé L.
    Xerais
    Logo da publicación do primeiro volume de Peixes do mar de Galicia, con esta nova entrega cúbrese un importan...
    No disponible

    35,15 €

  • Escáner
    Antiguo
    Titulo del libro
    Escáner
    Caride, Ramón
    Xerais
    Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, p...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    7,90 €

  • Bertiño Rompetodo
    Titulo del libro
    Bertiño Rompetodo
    Caride, Ramón
    Xerais
    Bertiño é un neno trasto, sempre que quere facer algo remata rompendo todo. Fai a merenda e a cociña remata ...
    No disponible

    8,65 €

  • BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS
    Titulo del libro
    BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS
    Cali, Davide
    Xerais
    Había unha vez, no medio e medio do bosque, unha rapaza chamada Brancaneves que fuxía dunha bruxa malvada. Nu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • O que non sabías
    Titulo del libro
    O que non sabías
    Pedrosa, Elba
    Xerais
    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co si...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €