Modelado e Simulación de Sistemas Biomédicos

Modelado e Simulación de Sistemas Biomédicos

Editorial:
Universidade de vigo
EAN:
9788411880015
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-11-88001-5
Páginas:
144
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MANUAIS.SERIE MANUAIS DIDACTICOS

O uso do modelado matemático en bioloxía e medicina conta cunha longa tradición, cuxas orixes podemos rastrear como mínimo até a Idade Media. No século XX a utilización de métodos procedentes da enxeñaría tornouse práctica común en biomedicina. Polas súas características específicas, os procesos biomédicos presentan retos diferentes aos encontrados nas enxeñarías clásicas, o que motivou o desenvolvemento de novas técnicas e a adaptación das existentes. Creouse así un fluxo bidireccional de ideas, que fertilizou ambas disciplinas científicas e  preparou o camiño para a aparición da moderna bioloxía de sistemas no  século XXI. Na actualidade, o modelado e simulación de sistemas dinámicos é unha ferramenta fundamental na enxeñaría biomédica. Este manual foi concibido orixinalmente como material docente para a materia Modelado e Simulación de Sistemas Biomédicos, impartida no primeiro curso do Mestrado en Enxeñaría Biomédica da Universidade de Vigo. Nel compéndianse os coñecementos necesarios para construír, analizar e aplicar modelos dinámicos de biosistemas, facendo énfase nos máis relevantes para a enxeñaría biomédica. O libro estrutúrase en cinco capítulos, cada un dos cales inclúe múltiples exemplos e cuestións. Comeza cunha introdución e unha panorámica dos distintos tipos de modelos, centrándose nos baseados en  ecuacións diferenciais ordinarias. A seguir, o segundo capítulo describe como modelar biosistemas de distintos tipos, desde redes de reaccións bioquímicas a nivel intracelular até sistemas de interaccións entre organismos. O terceiro capítulo mostra como simular  ditos modelos, e o cuarto describe un protocolo para calibralos. Finalmente, o derradeiro capítulo ensina a analizar aspectos clave da súa dinámica.

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • EL INSTINTO
    Titulo del libro
    EL INSTINTO
    Nº 153
    Pamies Bertran, Sergi
    Anagrama
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    7,80 €

  • Iconografía e iconología / 1
    Titulo del libro
    Iconografía e iconología / 1
    García Mahíques, Rafael
    Encuentro
    En la tradición de los estudios de Historia del Arte, se observa una renovada polarización entre las orientac...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    25,00 €

  • THE HOUSE OF MY LIFE
    Titulo del libro
    THE HOUSE OF MY LIFE
    DAVID ANDREU
    Monsa
    RENOVAR UNA CASA PUEDE CONVERTIRSE EN UN RETO. ENCONTRAR SU ESTILO ES EL PRIMER PASO PARA CREAR LA CASA DE TUS ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    42,00 €

  • Contos da Terra
    Titulo del libro
    Contos da Terra
    Pardo-bazan, Emilia
    Idec
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,00 €

  • El hombre sentado en el pasillo y el mal de la muerte
    Titulo del libro
    El hombre sentado en el pasillo y el mal de la muerte
    Duras, Marguerite
    Tusquets
    Nació en Indochina en 1914 y murió en marzo de 1996. En 1932 se trasladó a París, donde estudió derecho, m...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    6,95 €

Universidade de vigo en Libreria Porta Da Vila