Nacionalismo, liberalismo e outros temas
 IBD

Nacionalismo, liberalismo e outros temas

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875956
Materia
POLITICA
ISBN:
978-84-8487-595-6
Páginas:
244
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Joan Fuster, considerado como o ensaísta catalán máis importante do século XX, é autor dunha ampla obra que constitúe unha das creacións intelectuais máis suxestivas non só da literatura catalá, senón do noso tempo. Ademais de ensaísta, foi historiador e un importante crítico literario, malia, como el afirmaba, non ser un especialista, e  un excelente, suxestivo e provocador articulista. O núcleo central da  súa obra sitúase na tradición do humanismo moral clásico, de maneira preferente dos moralistas franceses, de Montaigne á Ilustración, sen esquecermos nomes como Karl Marx, Antonio Gramsci, Eugeni d'Ors, Josep  Pla...

Sarcástico, irónico, escéptico, pesimista, dono dun estilo propio que sempre intenta atrapar ao lector, a importancia da obra de Fuster, alén das súas dimensións e a súa importancia políticas, radica na súa modernidade, na ruptura co peso que a tradición -e os seus valores morais, mesmo en termos estéticos- continuaba na ter en xeral na cultura catalá, e na formulación dos problemas capitais da sociedade contemporánea. A súa obra, como afirma  Gustau Muñoz, «é a semente dunha liberación que se quería completa: democracia radical, recoñecemento das nacións sen estado, dereitos individuais sen limitacións. Obra que continúa aínda a ser incómoda, talvez hoxe máis que nunca, porque pon sobre a mesa as contradicións da sociedade valenciana, da sociedade catalá, da sociedade española». 

Con esta escolma de artigos e ensaios, Edicións Laiovento quere render homenaxe ao escritor valenciano ao se cumprir os cen anos  do seu nacemento

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Laiovento (ibd) en Libreria Porta Da Vila

  • HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO
     IBD
    Titulo del libro
    HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO
    David Conde
    Laiovento (ibd)
    HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO.Parte I: de cans e lobosA principios do século XIV, os cátaros parecían ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,75 €

  • A figuración galega de Irlanda (1840-1936)
     IBD
    Titulo del libro
    A figuración galega de Irlanda (1840-1936)
    Xavier R. MadriñÁn
    Laiovento (ibd)
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    44,95 €

  • OS INTELECTUAIS E A ORGANIZACIÓN DA CULTURA
     IBD
    Titulo del libro
    OS INTELECTUAIS E A ORGANIZACIÓN DA CULTURA
    Antonio GRAMSCI
    Laiovento (ibd)
    Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsciescribiu nos cárceres fascistas, o estudo dos in...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €

  • Autogoberno e Sistemas de Financiamenro
     IBD
    Titulo del libro
    Autogoberno e Sistemas de Financiamenro
    Xosé Díaz Díaz
    Laiovento (ibd)
    Autogoberno e Sistemas de Financiamento.O papel da Nación Galega, de Xosé DíazPretendemos presentar dun xeit...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €

  • AS POLÍTICAS MUNIPAIS DE XENERO EN ESPAÑA
     IBD
    Titulo del libro
    AS POLÍTICAS MUNIPAIS DE XENERO EN ESPAÑA
    Natalia Paleo Mosquera
    Laiovento (ibd)
    Título: AS POLÍTICAS MUNIPAIS DE AS XENERO EN ESPAÑA.Subtítilo: O caso dos municipios galegos.Neste libro r...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,60 €