Noite de voraces sombras

Noite de voraces sombras

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029107
Año de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-8302-910-7
Páginas:
176
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
FORA DE XOGO

13,95 €

IVA incluido
Comprar

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un  fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non  menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou  se todo é froito da subxectividade da protagonista. Despois da publicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi " Premio Protagonista Jove " , outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de  Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • Murs
    Titulo del libro
    Murs
    Fernández Paz, Agustín
    Sm
    Helena i Joel són molt bons amics i totes les vesprades es veuen a la vora d'un vell roure. Per. una terrible ...
    No disponible

    8,75 €

  • Cartas de inverno
    Titulo del libro
    Cartas de inverno
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu a...
    No disponible

    12,15 €

  • En el cor del bosc
    Titulo del libro
    En el cor del bosc
    Fernández Paz, Agustín
    Barcanova
    No disponible

    9,50 €

  • Trece años de Blanca
    Titulo del libro
    Trece años de Blanca
    Fernández Paz, Agustín
    Edebe
    No disponible

    6,95 €

  • Cuentos por palabras
    Titulo del libro
    Cuentos por palabras
    Fernández Paz, Agustín
    Sm
    El protagonista narra las distintas aventuras en las que se ve envuelto leyendo los anuncios por palabras del p...
    No disponible

    9,50 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Historia da costa galega e os seus naufraxios. Século XX
    Titulo del libro
    Historia da costa galega e os seus naufraxios. Século XX
    Patricio Cortizo, Fernando
    Xerais
    "Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)", de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunh...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    40,50 €

  • O can dos Baskerville
    Titulo del libro
    O can dos Baskerville
    Conan Doyle, Arthur
    Xerais
    No disponible

    9,45 €

  • Contos da Coruña
    Titulo del libro
    Contos da Coruña
    Souto, Xurxo
    Xerais
    Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,95 €

  • Son noxento
    Titulo del libro
    Son noxento
    Nº 372
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €

  • FLOCOS DE MILLO 4 ANOS 3ºTRIMESTRE
    Titulo del libro
    FLOCOS DE MILLO 4 ANOS 3ºTRIMESTRE
    AA.VV
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    43,85 €