Sempre vai frÃo na estación de autobuses. Aquel frÃo que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Anxela, a súa filla dun ano, todo o que alà lle aconteceu. Aquel frÃo que persegue a UxÃo, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frÃo que atenaza a LuÃs, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».