O curioso mundo das persoas normais

O curioso mundo das persoas normais

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498654592
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-459-2
Páginas:
136
Idioma:
GALEGO
Ancho:
125
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

O autor de Un tipo listo, Premio García Barros 2009, debrúzase nesta nova novela na realidade contemplada por un personaxe condenado a unha  existencia moi diferente á habitual. Porque, cando os actos cotiáns responden a motivos absurdos, a normalidade convértese no máis sorprendente. Cunha boa dose de humor e ironía a última novela Xosé Monteagudo vai descubrindo devagar os múltiples paradoxos da existencia. Nun relato que percorre boa parte da historia do século vinte a través da mirada dun personaxe singular no que a tenrura convive coa agudeza e as limitacións do corpo coa liberdade máis furiosa do pensamento. A novela está inspirada nunha historia real acontecida en Pontevedra mais non é esa mesma historia exactamente, tal como explica o autor ao final do libro: "En abril do 2010 diversos  medios de comunicación deron a noticia de que un enfermo de 79 anos de idade acababa de falecer no Hospital Provincial de Pontevedra. A persoa en cuestión non tivera vida pública. O sorprendente do caso (e o motivo polo que a nova saltou aos medios) era que o falecido pasara os últimos setenta e sete anos da súa vida confinado entre as paredes do Hospital Provincial de Pontevedra." Ata aquí os trazos fundamentais  da persoa na que está inspirado o personaxe principal de O curioso mundo das persoas normais, segundo conta o autor na nota final da novela, que parte desta historia real para contar unha historia de ficción a través da cal a realidade se contempla dun xeito diferente.A  nova novela de Xosé Monteagudo conta unha historia sorprendente, a dun home que pasa toda a súa vida pechado no cuarto dun hospital.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • LINGUA GALEGA.COU
    Titulo del libro
    LINGUA GALEGA.COU
    Noia, María Camino / Monteagudo Romero, Xosé Henrique / Navaza, Gonzalo
    Xerais
    No disponible

    22,54 €

  • Letras primeiras
    Titulo del libro
    Letras primeiras
    Monteagudo Romero, Xosé Henrique
    Fund.pedro barrie maza
    No disponible
  • Sementar Os Ares Novos
    Titulo del libro
    Sementar Os Ares Novos
    Monteagudo Romero, Xose Henrique
    Usc.univ.santiago compostela
    O ano 2013 cúmprese o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego e o octoxésimo aniversario do...
    No disponible
  • As voces da noticia
    Titulo del libro
    As voces da noticia
    Monteagudo, Xosé
    Galaxia
    Premio de Novela Blanco Amor, 2002. Unha periodista viaxa a unha pequena vila da Galicia interior co propósito...
    No disponible
  • Eternity
    Titulo del libro
    Eternity
    Nº 441
    Monteagudo, Xosé
    Galaxia
    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021 Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Cant...
    No disponible

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila