O vixía no centeo

O vixía no centeo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824941
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-494-1
Páginas:
224
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
FORA DE XOGO

13,95 €

IVA incluido
Comprar

Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu  elitista colexio, decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos mozos: o seu lugar na sociedade,  os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa. Holden Caulfield é, dende 1951, ano da publicación de O vixía no centeo, o sinónimo de adolescente inconformista, o símbolo da autoafirmación do individuo fronte a un medio hostil. Neses tres días, nos que cronoloxicamente se  desenvolve a novela, Holden enfróntase ás súas propias contradiccións  e ó imperioso desexo de fuxida. Fuxir do mundo que lle agarda ó medrar, como se nese fuxir a única saída fose inmobilizar o tempo. O vixía no centeo (The catcher in the rye) está considerada como un dos clásicos da literatura norteamericana contemporánea. Centos de miles de estudiantes de todo o mundo descobren cada ano o pracer da literatura da man do escritor norteamericano J. D. Salinger.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • O vixía no centeo
    Titulo del libro
    O vixía no centeo
    Salinger, J. D.
    Xerais
    No disponible

    7,22 €

  • Introducción a la economía
    Titulo del libro
    Introducción a la economía
    John Kenneth Galbraith;Nicole Salinger
    Critica
    Con estilo deliberadamente provocativo, y en las antípodas del lenguaje críptico que suelen utilizar algunos ...
    No disponible

    15,00 €

  • El guardián entre el centeno
    Titulo del libro
    El guardián entre el centeno
    Salinger, J. D.
    Alianza
    No disponible

    9,00 €

  • FANNY Y ZOOEY
    Titulo del libro
    FANNY Y ZOOEY
    Salinger, J.D.
    Alianza
    Por expreso deseo del autor, no está permitido que la editorial aporte  en su material promocional ningún tip...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €

  • Franny y zooey
    Titulo del libro
    Franny y zooey
    Salinger
    Edhasa editorial
    Franny se enfrenta al problema de los farsantes y la falsedad. El hecho mismo de que sea actriz profesional la ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila