Oitocentos

Oitocentos

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482886138
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8288-613-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ILLA NOVA

Os personaxes desta historia, un excorredor de atletismo e o seu grupo  de amigos, abalan entre a inestabilidade laboral e a indeterminación persoal. Sen perspectivas no traballo e coa ameaza permanente da soidade pairando sobre a súa vida. Encrucillada vital que o autor vai resolver a través dunha interesante narración dialogada, que se desenvolve en escenas que lembran as dunha película. A novela de Xavier Franco Alonso avanza cun ritmo narrativo constante, que arrastra ao lector polo efecto duns diálogos que, como no cinema, nos van contando a historia cos palabras dos seus propios protagonistas. Oitocentos fala das dificultades para adaptarse a unha existencia sempre marcada pola inseguridade, condicionada pola necesidade de traballo estable, pola falta de comunicación e ameaza da soidade. A historia iníciase cando un corredor de media distancia volve á súa cidade de orixe logo de decidir abandonar o deporte. Tentará adaptarse  á súa nova vida, reestablecer a relación cos seus antigos amigos e atopar traballo, un traballo normal que lle faga esquecer a súa dedicación ao atletismo profesional e que lle permita albiscar un futuro persoal novo. Franco Alonso sitúa o seu labor literario nas proximidades do real, busca os seus personaxes entre a xente corrente,  achéganos a situacións perfectamente recoñecibles nas que a súa habelencia narradora descobre historias insospeitadas, suxire conflictos e intensifica emocións. Oitocentos é unha historia de hoxe,  contada con pulo cinematográfico, que nos mergulla na vida cotiá dunha cidade galega.

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • Yo soy eso
    Titulo del libro
    Yo soy eso
    Nisargadatta
    Sirio editorial
    ´Los diálogos que forman este libro son una recopilación de la intemporal enseñanza de uno de los sabios mÃ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    38,00 €

  • El llibre de les faules
    Titulo del libro
    El llibre de les faules
    JANE, ALBERT
    Combel
    Aquesta col·lecció de lectures clássiques de tots els temps conté una selecció de les narracions més cél...
    No disponible

    19,90 €

  • Otra vuelta de tuerca
    Titulo del libro
    Otra vuelta de tuerca
    James, Henry
    Bruño
    No disponible

    10,50 €

  • Nuestros antepasados
    Titulo del libro
    Nuestros antepasados
    Calvino, Italo
    Alianza
    No disponible

    17,20 €

  • Insolación
    Titulo del libro
    Insolación
    Nº 00000
    Pardo Bazán, Emilia
    Penguin clasicos
    Una novela breve e intensa sobre el deseo femenino en el siglo XIX y las convenciones sociales que se interponÃ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,95 €

Galaxia en Libreria Porta Da Vila