Os libros arden mal

Os libros arden mal

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824613
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9782-461-3
Páginas:
752
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

29,95 €

IVA incluido
Comprar

O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: "Non se pode falar nin calar sen perigo". A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular. A linguaxe dogmática da relixión e a fala carnal e erótica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicábel histórico. A estrutura desta novela semella o dunha esfera armilar, composta por moi diferentes órbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, as pertenzas, os animais, as plantas, e as palabras, elas mesmas a moverse como seres vivos. Unha esfera armilar tamén no entrelazar de xéneros, cunha órbita maior, a ficción narrativa a xeito  de thriller, no que o caso central é a historia dramática da cultura,  que contén en círculos concéntricos a poesía, o ensaio histórico, a crónica xornalística, formas de literatura popular como as novelas do Oeste. Unha esfera tamén que entrelaza multitude de voces, nunha escrita encarnizada, sempre en vilo, que vai e vén entre os territorios da dor e o gozo erótico.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • Luzes nº2
    Titulo del libro
    Luzes nº2
    Pereiro, X.M. / Rivas, Manuel
    Revista luzes
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,00 €

  • UN MANIFESTO REBELDE
    Titulo del libro
    UN MANIFESTO REBELDE
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • Luzes
    Titulo del libro
    Luzes
    Nº 8-9
    Pereiro, X.M / Rivas, Manuel
    Revista luzes
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,00 €

  • Un millón de vacas
    Titulo del libro
    Un millón de vacas
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Este libro nace fundamentalmente da obxervación. Aquí somos así, señores. A través destes relatos, como fo...
    No disponible

    16,95 €

  • Os Grouchos
    Titulo del libro
    Os Grouchos
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade, que ten como porto de partida a...
    No disponible

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Caderno profesorado secundaria
    Titulo del libro
    Caderno profesorado secundaria
     
    Xerais
    No disponible

    8,36 €

  • Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía
    Titulo del libro
    Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía
    Portela Yáñez, Charo
    Xerais
    Este libro relata de forma amena e detallada a vida de Valentín Paz Andrade. As súas actividades como avogado...
    No disponible

    9,15 €

  • Pomodoro
    Titulo del libro
    Pomodoro
    Titimoki
    Xerais
    O oso Pomodoro vive tranquilo nunha pequena casa de cor vainilla rodeada de ducias de maceiras que coida con es...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,50 €

  • Poñente
    Titulo del libro
    Poñente
    Tobaruela Martínez, Pere
    Xerais
    O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • Curso de lingua galega
    Titulo del libro
    Curso de lingua galega
    Rosales Cereijo, Manuel
    Xerais
    No disponible

    16,50 €