Que lle podo ofrecer a quen me intente?

Que lle podo ofrecer a quen me intente?. Monográfico lois pereiro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499142838
Año de edición:
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-9914-283-8
Páginas:
176
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
245
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

19,50 €

IVA incluido

Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. En consonancia coa actividade que literaria e socialmente se desenvolve arredor do Día das Letras Galegas, o noso grupo quere contribuír ás numerosas achegas realizadas ó estudo e análise do autor  ou autora ó que se dedica esta celebración. A figura de Lois Pereiro,  que protagoniza este 2011, é pois quen centra esta primeira entrega. Trátase dun autor complexo e senlleiro, ás veces periférico, coma un outsider, ata o de agora lonxe da canonización académica. Porén, Lois Pereiro gozou e goza de certa admiración, e mesmo culto, por parte de sectores minoritarios pero relevantes no campo cultural galego. O Día das Letras Galegas vai permitir que a súa presenza irrompa de xeito definitivo na sociedade galega, chegando por fin a novos e amplos círculos. Trátase, si, dun escritor complexo, pero tamén transgresor, que o sistema literario galego, desde o canon, ten dificultades á hora de clasificar, etiquetar... Desde a súa pertenza ou inclusión nun determinado grupo xeracional, á súa novidosa estética que incorpora trazos da cultura underground contemporánea do rock e do punk anglosaxóns, pasando polas súas fontes e referencias da poesía e da literatura centroeuropea en lingua alemá. Ningunha outra figura do seu  tempo ten un perfil biográfico similar, cunha actitude vital na que se proxectan as mesmas tensións que tamén toman corpo nos seus textos.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Proxecto Bolboreta
    Titulo del libro
    Proxecto Bolboreta
    Maceiras Lafuente, Andrea
    Xerais
    Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intenci...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • A noite que Wendy aprendeu a voar
    Titulo del libro
    A noite que Wendy aprendeu a voar
    Nº 113
    Martín, Andreu
    Xerais
    Roger Dueso e Wendy Aguilar inician a garda cun sesenta, o código que na comisaría alerta dun asasinato, mais...
    No disponible

    12,00 €

  • Cos pés no aire
    Titulo del libro
    Cos pés no aire
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monót...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €

  • A fronteira infinda
    Titulo del libro
    A fronteira infinda
    Ferreiro, Celso Emilio
    Xerais
    No disponible

    10,30 €

  • A malvada María Xosé
    Titulo del libro
    A malvada María Xosé
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns can...
    No disponible

    9,95 €