SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta

SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta

Editorial:
Baia
EAN:
9788499953380
Año de edición:
Materia
ECOLOGIA Y MEDIO AMBIENTE
ISBN:
978-84-9995-338-0
Páginas:
50
Encuadernación:
TAPA DURA
Ancho:
240
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
SIN COLECCION

20,16 €

IVA incluido
Comprar

SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos.
 
 Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos.
 
 As características divulgativas achegadas contribúen a dotar ao mundo infantil dunha publicación que trata un tema de vital importancia para  a nosa sociedade. O tema da contaminación e a proposta dun léxico específico en galego son dous elementos que valoramos de importancia relevante para o efecto que a obra persegue alcanzar, ao que contribúe  o recoñecido oficio da profesora e tradutora Iria Taibo.
 
 ***
 
 
 
 «Se uns poucos nenos e nenas podemos acaparar os titulares de todo o mundo só por faltar á escola, imaxinade o que poderiamos conseguir todos xuntos». Greta Thunberg
 
 Hai monstros a roldar polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas  profundidades do mar e mesmo se agochan nos sumidoiros. Provocan treboadas, secan ríos e lagos e escorrentan os animais.
 
 O inmenso LIXOKONG, o desagradable NEBODÓN, o pegañento GRAXODONTE ou o invasivo URBANOSAURO farán que os monstros que hai debaixo da túa cama parezan simples peluches. E é que estes monstros existen de verdade!
 
 Só heroes e heroínas coma ti poden derrotalos!
 
 Faite activista e axúdanos a vencer estas malvadas criaturas!

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Baia en Libreria Porta Da Vila

  • A ÁRBORE
    Titulo del libro
    A ÁRBORE
    Bartiková, Petra;Takacová, Magdalena;Reimóndez, María
    Baia
    O vento zoa alá no alto, na coroa da árbore. As pólas abanean e fregan  as unhas contra as outras mentres qu...
    No disponible

    14,35 €

  • Física e química 1ºbacharelato
    Titulo del libro
    Física e química 1ºbacharelato
    Fernández Fernández, Vicente
    Baia
    No disponible

    27,00 €

  • As irmandades da fala
    Titulo del libro
    As irmandades da fala
    Carreiro, Pepe
    Baia
    Non hai politiquiño dos da nosa Terra, nin xornal caciquil que non se chame galeguista. Todos son galeguistas!...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,70 €

  • Antón, si tal!
    Titulo del libro
    Antón, si tal!
    Iglesias Fernández, Arturo
    Baia
    Un libro é como unha comida que hai que comer devagar, degustando amodiño todos os seus sabores.  &...
    No disponible

    7,65 €

  • 2020-21. Un curso nas túas mans
    Titulo del libro
    2020-21. Un curso nas túas mans
    BAÍA EDICIÓNS
    Baia
    No disponible

    9,00 €