Tecnoloxías das comunicacións

Tecnoloxías das comunicacións. Unha visión desde Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028384
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8302-838-4
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

16,65 €

IVA incluido

Neste volume ofrécese unha visión panorámica das tecnoloxías, servicios e redes que fan posible o asentamento da Sociedade da Información, enmarcada nunha percepción positiva, sen renunciar ó san escepticismo, do impacto destas tecnoloxías na sociedade, e da súa incidencia no futuro de Galicia. Non hai reto máis importante para un país a día de hoxe que incorporarse con plenitude a esta nova sociedade que as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) están transformando acelerada e imparablemente.Domingo Docampo, rector  da Universidade de Vigo é Catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións na ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións, analiza o proceso de maduración das tecnoloxías da información e as comunicacións e o seu impacto sobre a sociedade Galega. Unha análise rigorosa e divulgativa na que se abordan aspectos como o desenvolvemento da rede Internet, o valor social da información e a identificación da infofauna, o mundo da fibra óptica, as tecnoloxías para as comunicacións móbiles, os accesos vía satélite, as tecnoloxías  da fala, as políticas de desregulación das telecomunicacións, o comercio electrónico, as características dos servicios (telefonía fixa, servicios móbiles e interactivos), o estado das redes institucionais e privadas en Galicia... O volume remata cunha reflexión sobre as posibilidades de Galicia na carreira dixital e na sociedade do coñecemento, formulando unha serie de propostas concre-tas dirixidas a estreitar a fenda dixital como reto de Galicia cara ao futuro.Para o profesor Docampo Galicia xógase moito na carreira dixital xa que nos vindeiros anos haberá que tomar importantes decisións nos ámbitos públicos e privados que contribúan a  acelerar a incorporación plena de Galicia da Sociedade da Información. Tecnoloxías das comunicacións quere animar o debate actual sobre o impacto das TIC para lograr o maior grao de participación posible no deseño de estratexias que axuden a conformar o futuro da nosa socie-dade.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Enderezo descoñecido
    Titulo del libro
    Enderezo descoñecido
    Taylor, Kathrine Kressmann
    Xerais
    No disponible

    11,40 €

  • Educación e paz III
    Titulo del libro
    Educación e paz III
    R. Jares, Xesús
    Xerais
    Durante o ano 2008 celébrase o 25 aniversario de Educadores pola Paz, grupo que forma parte do movemento de re...
    No disponible

    3,00 €

  • O soño sulagado
    Titulo del libro
    O soño sulagado
    Ferreiro, Celso Emilio
    Xerais
    O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego  por Celso Emilio Ferreiro. Sen embarg...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    9,95 €

  • Amor de perdición
    Titulo del libro
    Amor de perdición
    Castelo Branco, Camilo
    Xerais
    No disponible

    7,50 €

  • A FURGONETA BRANCA
    Titulo del libro
    A FURGONETA BRANCA
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Cada mañá a mesma cantilena. Pedro pega o seu nariz á ventá mentres agarda pola chegada da furgoneta branca...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €