TODOS SOMOS ULISES

TODOS SOMOS ULISES. POR UNHA EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA E HUMANISTA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491210443
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9121-044-3
Páginas:
472
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
225
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

Na liña dos seus libros anteriores, "Atravesar o espello", "O Sol de Homero" e "Saudar a vida", esta nova proposta, "Todos somos Ulises (Por unha educación democrática e humanista)", constitúe o elo máis amplo dun ambicioso ciclo ensaístico que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educación, do coñecemento e da cultura nun momento histórico de difíciles retos para as persoas, os colectivos e as sociedades.
 "Todos somos Ulises" analiza criticamente a hexemonía da razón economicista e produtivista nas nosas vidas, o impacto tantas veces desilustrador e alienante da publicidade, do consumo e dos media, a dimensión plural da intelixencia, a transcendencia da linguaxe e da lectura, as destrezas necesarias na Sociedade do Coñecemento, a necesidade dun entendemento fluído entre a escola e as familias, o uso  crítico e creativo das ferramentas tecnolóxicas, a pertinencia dunha educación pública equitativa, as demandas da diversidade, a educación en valores, a vocación, o esforzo, a convivencia, a disciplina... aspectos relacionados cos incisivos problemas da escola actual e as preocupacións do profesorado, o alumnado e das nais e pais. Xa que logo, Xavier Seoane propugna a necesidade dunha sólida formación científica, humanística e social, apostando pola adquisición de elevados niveis de realización estética e sensible, espiritual e moral.
 Nesa viaxe cara a Ítaca do coñecemento e da autocreación individual e social, que a todas as persoas se lles debe facilitar e á que todas deberían contribuír coa súa actitude vixiante e decidida, todos deberiamos ser Ulises, para poder alcanzar as máis elevadas cotas de emancipación, eudaimonía e felicidade. As persoas deberiamos, segundo o autor, pronunciar un si afirmativo á fecunda viaxe dunha educación crítica e democrática, humanista e liberadora á altura dos complexos retos contemporáneos.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • A DAMA DA NOITE
     IBD
    Titulo del libro
    A DAMA DA NOITE
    Xavier Seoane
    Laiovento (ibd)
    Lémbrando a ROSALÍA DE CASTROOs derradeiros momentos da vida dunha  muller. As lembranzas agroman no leito en...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €

  • A dama da noite
    Titulo del libro
    A dama da noite
    Seoane, Xavier
    Laiovento, s.l.
    No disponible
  • Filiberto e sofonisba
    Titulo del libro
    Filiberto e sofonisba
    Seoane Rivas, Xavier
    Tambre-edelvives
    No disponible

    9,10 €

  • Abre la puerta al mar
    Titulo del libro
    Abre la puerta al mar
    Seoane, Xavier
    Reino de cordelia
    Publicada originalmente en 2000 en gallego, Abre la puerta al mar, la primera novela del poeta Xavier Seoane, e...
    No disponible
  • TEMPOS DE PANDEMIA
    Titulo del libro
    TEMPOS DE PANDEMIA
    XAVIER SEOANE XULIO GARCÍA RIVAS
    Espiral maior, s.l.
    No disponible

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila