Vacacións 4 anos pompas de xabón

Vacacións 4 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148502
Año de edición:
Materia
CUADERNOS DE VACACIONES
ISBN:
978-84-9914-850-2
Páginas:
58
Idioma:
GALEGO
Ancho:
275
Alto:
305
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VACACIONS

14,50 €

IVA incluido

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Sentinela, alerta!
    Titulo del libro
    Sentinela, alerta!
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería  da prisión, onde os ebanistas se afan...
    No disponible
  • Escarlatina, a cociñeira defunta
    Titulo del libro
    Escarlatina, a cociñeira defunta
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniv...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • A defunción dos sexos
    Titulo del libro
    A defunción dos sexos
    Ferrández Pérez, Daniela
    Xerais
    A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea é un  libro divulgativo que recompila hist...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €

  • Crónicas marcianas
    Titulo del libro
    Crónicas marcianas
    Bradbury, Ray
    Xerais
    "Crónicas marcianas" de Ray Bradbury é unha colección de relatos que constitúe a crónica dos primeiros int...
    No disponible
  • (G).(07).PAPAPAPU 3 ANOS-3O.TRIM.*GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(07).PAPAPAPU 3 ANOS-3O.TRIM.*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    33,00 €