(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498650969
ISBN:
978-84-9865-096-9
Páxinas:
298
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
1O.BACHARELATO

29,00 €

IVE incluído

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura, o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades estimulantes, para facer deste manual un material motivador e doado de manexar. Todas as Unidades Didácticas preséntanse, tanto nos apartados de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha ampla batería de exercicios prácticos moi dinámicos, que pretenden fomentar a creatividade e estimular a capacidade crítica do alumnado. Sabendo que os coñecementos de lingua e de literatura son importantes, este libro de texto non pode deixar sen tratar os grandes  asuntos e os grandes retos da sociedade do século XXI: os valores democráticos e de convivencia, o respecto á diversidade, a igualdade de sexos, a reafirmación da personalidade e do espírito crítico, a comprensión dos cambios e as transformacións sociais, a tolerancia, a afirmación da identidade sen renunciar á universalidade, a iniciativa emprendedora, a solidariedade, etc. Todas estas son cuestións de máximo interese e abórdanse dun xeito transversal, pero constante ao longo das lecturas, exemplos, contidos teóricos, xogos e exercicios. Neste sentido é importante destacar o apartado que pecha as distintas unidades, Sarillos e Descubertas, onde se suxiren traballos de investigación, propostas de debate, investigacións na rede, etc., actividades coas que poderán profundar no traballado así como demostrar o talento que atesouran os estudantes de Galicia. As unidades de literatura ofrecen ademais unha liña do tempo para explicar a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. En definitiva, unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 Un manual elaborado dende a idea de que é necesario ofrecer unha ferramenta educativa útil para profesores e alumnos que, ademais de cumprir rigorosamente cos contidos curriculares esenciais, sirva tamén  para fomentar o interese e a curiosidade pola lingua nosa, pola nosa literatura, e, por extensión, que contribúa a avivar o interese polo mundo contemporáneo. O proxecto da Editorial Galaxia parte do convencemento de que a lingua galega debe ser un vehículo de recoñecemento e de descuberta da realidade, unha fiestra aberta para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua entendida como  un vehículo de comunicación e como unha ferramenta de coñecemento.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • Os outros feirantes
    Titulo del libro
    Os outros feirantes
    Cunqueiro, Alvaro
    Galaxia
    No disponible

    9,67 €

  • A VIDA SINXELA DE MARCELO FIRMAMENTO
    Titulo del libro
    A VIDA SINXELA DE MARCELO FIRMAMENTO
    Nº 361
    Santiago Vázquez, Vanesa
    Galaxia
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2017 Esta obra estaba destinada a ser especial dende o seu nacemento, dende ...
    No disponible
  • O oso branco
    Titulo del libro
    O oso branco
    Durán, Teresa
    Galaxia
    A lebre que corre polos prados, o paxaro que fai o seu niño no bosque,  o pingüín que vive entre o xeo e a n...
    No disponible

    4,40 €

  • Segundo Adral
    Titulo del libro
    Segundo Adral
    Filgueira Valverde, Xosé
    Galaxia
    Escritos coa intención "de manter viva a vocación de entregar aos demais o que un vai adeprendendo", Xosé Fi...
    No disponible
  • As troitas, miñas señoras
    Titulo del libro
    As troitas, miñas señoras
    Moralejo Alvarez, Juan José
    Galaxia
    Nunha nova edición ampliada e revisada polo autor, Editorial Galaxia publicou en abril do 2005 As troitas, miÃ...
    No disponible