(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Páxinas:
226
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
2O.BACHARELATO

29,00 €

IVE incluído

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo
    Titulo del libro
    Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo
    Nº 27
    Fernández Rego, Fernando
    Galaxia
    Suso Vaamonde loitou sempre pola defensa dun pobo, dunha terra e dunha lingua. Hoxe reivindicámolo como u...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,00 €

  • CEMITERIO DE BARCOS, O
    Titulo del libro
    CEMITERIO DE BARCOS, O
    Castro, Francisco
    Galaxia
    O cemiterio de barcos é unha historia luminosa de amor e amizade contra  a violencia en todas as súas ex...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,90 €

  • CASA DE FERAS (PREMIO DE TEATRO VIDAL BOLAÑO 2021)
    Titulo del libro
    CASA DE FERAS (PREMIO DE TEATRO VIDAL BOLAÑO 2021)
    Nº 133
    Costas, Edgar
    Galaxia
    È unha fábula actual onde se abordan temas como o maltrato animal, as relacións de poder e a liberdade. Anim...
    No disponible
  • O enigma de Caronte
    Titulo del libro
    O enigma de Caronte
    Vila Sexto, Carlos
    Galaxia
    O último verán que Dani e os seus amigos van pasar xuntos en Cabo Lázaro vén marcado pola morte accidental ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,40 €

  • Siddhartha
    Titulo del libro
    Siddhartha
    Hesse, Hermann
    Galaxia
    Siddhartha, fillo dunha familia nobre da casta dos brahmáns, distínguese dos mozos da súa idade pola súa in...
    No disponible

    12,70 €