A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin He
 IBD

A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin He

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875819
Materia
FILOSOF?A
ISBN:
978-84-8487-581-9
Páxinas:
256
lingua:
CASTELLANO
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

17,95 €

IVE incluído
Comprar

A cuestión política na persoa e no pensamento
de Martin Heidegger
Autor: Xesús Vázquez Méndez
Se un escoita a testemuña de moitos dos estudosos que tiveron algún contacto con Heidegger, que presenciaron as súas leccións universitarias ou asistiron ás súas conferencias ou seminarios, é fácil quedarse coa impresión de que estiveron en presenza dun auténtico oráculo filosófico. Mais, o brillante futuro que parecía abrírselle a esta filosofía, rapidamente se escureceu ao caer sobre ela a sombra do nazismo. Pero é sobre todo despois da publicación dos Cadernos negros que, como sinala o seu editor Peter Trawny, o nome de Heidegger vai inevitablemente unido a un caso de disputa para todo o que queira adentrarse no seu pensamento. Parece, entón, que unha visión integral da súa filosofía non pode eludir esta cuestión, por moito que exista un inxente número de intérpretes que consideran o nexo pensamento-política en Heidegger infundado ou baseado en malentendidos.

Neste ensaio abórdase esta polémica co obxectivo de proporcionarlle unha resposta ou, cando menos, aportar sobre ela unha perspectiva filosófica que afecta ao corazón mesmo do pensamento heideggeriano. Basicamente, despois dunha breve referencia a certos feitos históricos, o traballo divídese en tres partes: coméntanse algúns textos heideggerianos ineludibles de contido político, preséntase o debate filosófico sobre o asunto Heidegger desde a selección duns poucos autores significativos e, por último, o autor ofrece unha visión da conexión entre filosofía e política en Heidegger que explicaría o seu compromiso ideolóxico co nacionalsocialismo.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Laiovento (ibd) en Libreria Porta Da Vila

  • A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II.
     IBD
    Titulo del libro
    A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II.
    Xulio López Valcárcel
    Laiovento (ibd)
    Título: A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET.II.Subtítulo: A configuración dun mito. De Mesías a Deus.L...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • BOLA de SEBO E OUTROS CONTOS
     IBD
    Titulo del libro
    BOLA de SEBO E OUTROS CONTOS
    GUY DE MAUPASSANT
    Laiovento (ibd)
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,89 €

  • O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
     IBD
    Titulo del libro
    O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
    José Rodríguez Cruz
    Laiovento (ibd)
    Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS.Subtítulo: RELATOS, CONTOS E LENDAS DE TRADICIÓN ORAL.Atopar un...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

  • Cartas de Galiza
     IBD
    Titulo del libro
    Cartas de Galiza
    Prosper-Henri Devos
    Laiovento (ibd)
    Esta nova edición e tradución das Cartas de Galiza actualiza e anota as oito crónicas que Prosper-Henri Devo...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,95 €

  • DRAMTRICULAS
     IBD
    Titulo del libro
    DRAMTRICULAS
    Afonso Becerra de Becerrea
    Laiovento (ibd)
    A medio camiño entre un libro de contos e un de poemassitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outra...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,00 €