A esfinxe de Amaranto

A esfinxe de Amaranto

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482886459
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8288-645-9
Páxinas:
308
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

O autor de As rulas de Bakunin, coa que obtivera un impresionante éxito entre os lectores, cóntanos agora a cativadora historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces  das mulleres que, máis que vivila, tiveron que padecela. Velaquí unha  novela de lectura apaixonante, na que a prosa coidada, rítmica e engaioladora de Riveiro Coello acada ese punto álxido que apreixa e emociona o lector. Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola  trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, A esfinxe de amaranto vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración, conforman a historia dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca. A novela preséntanos un extraordinario abano de personaxes creados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa  de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración, a Verónica, última representante dunha saga de mulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir sen renegar da súa propia personalidade. A través deses personaxes imos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas  de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro  Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a  partir do cal imos ir descubrindo a verdadeira historia. Inesquecible  e emocionante procura no tempo e nas paixóns, A esfinxe de amaranto afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosa coidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadora da memoria.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • A quinta de Saler
    Titulo del libro
    A quinta de Saler
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    Finalista Premio de Narrativa Torrente Ballester 1998 Ese é o punto de  partida co que o autor constrúe unha ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,40 €

  • Homónima
    Titulo del libro
    Homónima
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    Premio Alvaro Cunqueiro de narrativa, 2000. Unha estraña aparición do seu nome en Internet e unha curiosidade...
    No disponible

    15,80 €

  • O paraíso dos inocentes
    Titulo del libro
    O paraíso dos inocentes
    Nº 414
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019 Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida e...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,60 €

  • A voz do lago
    Titulo del libro
    A voz do lago
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir  a Escarabote, preto do pazo de Goián...
    No disponible
  • As rulas de Bakunin
    Titulo del libro
    As rulas de Bakunin
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    Premio García Barros 2000 As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. A...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,00 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • Os Gazafellos
    Titulo del libro
    Os Gazafellos
    Carballude, Pepe
    Galaxia
    Pepe Carballude naceu na aldea de Rubín (A Estrada) en 1956. Desde pequeno medrou escoitando contos populares ...
    No disponible
  • Fado de princesa
    Titulo del libro
    Fado de princesa
    Pena, Xosé Ramón
    Galaxia
    A historia dunha muller contada por si mesma, unha velente incursión narrativa. Crónica íntima que que abeir...
    No disponible
  • Galicia
    Titulo del libro
    Galicia
    Piñeiro, Ramón
    Galaxia
    Fotografía de Vítor VaqueiroUn agasallo literario. Pero tamén fotográfico."Galicia, un país da Europa húm...
    No disponible
  • Entre encravamentos profundos e desencravos amorosos
    Titulo del libro
    Entre encravamentos profundos e desencravos amorosos
    Fernández de la Cigoña e Núñez, Estanislao
    Galaxia
    Entre encravamentos profundos e desencravos amorosos, que leva o subtítulo O encravamento e desencravo na imax...
    No disponible
  • Non te amola!
    Titulo del libro
    Non te amola!
    Nº 6
    Arias, Xela
    Galaxia
    A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, ...
    No disponible