A música das palabras

A música das palabras. De lingua e literatura (1990-2021)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411100717
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-11-10071-7
Páxinas:
456
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - MANUAIS - LINGUA E LITERATURA

25,95 €

IVE incluído
Comprar

«Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos». En «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e  prestando especial atención á tradución e á poesía. Son pequenos ensaios, en forma de artigos e conferencias, escritos entre 1990 e 2021, nos que aborda a obra de moitos dos autores máis relevantes da literatura galega, unha boa parte dos cales mantiveron unha estreita relación persoal con Darío: Celso Emilio, Manuel María, Xosé María Álvarez Blázquez, María Mariño, Novoneyra, Cunqueiro, Lois Pereiro, Xosé Miranda, Díaz Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín..., ademais de grandes nomes da literatura universal coma Dumas, os trobadores occitanos e, xaora, Dante e Petrarca. Darío Xohán Cabana deixa constancia neste volume dunha vida enteira dedicada a ennobrecer a cultura galega e facer da súa lingua e literatura un herdo imprescindible. Como activista, como poeta, como narrador, como tradutor, o labor de Cabana apunta sempre a resaltar a calidade e inmensidade da lingua levándoa a calquera outro tempo, cultura e literatura coas súas traducións, coa intención urxente de enriquecer o  noso idioma máis alá do que inclúen os dicionarios, porque como afirma nestas páxinas, «cada vez que unha palabra morre, ou é asasinada [...], daquela morre unha pequena parte da lingua, e polo tanto morre tamén unha minúscula parte da patria».

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Inés e a cadela sabia
    Titulo del libro
    Inés e a cadela sabia
    Cabana, Darío Xohán
    Rodeira
    No disponible

    6,80 €

  • Vinte cadernos
    Titulo del libro
    Vinte cadernos
    Cabana, Darío Xohán
    Xerais
    "Vinte cadernos (Poemas 1969- 2002)" reune nun único volume toda a poesía publicada por Darío Xohán Cabana....
    No disponible

    25,70 €

  • Patria do mar
    Titulo del libro
    Patria do mar
    Cabana, Darío Xohán
    Ir indo
    No disponible

    10,56 €

  • As viaxes do príncipe azul
    Titulo del libro
    As viaxes do príncipe azul
    Cabana, Darío Xohán
    Galaxia
    No disponible

    6,36 €

  • Fortunato de Trasmundi
    Titulo del libro
    Fortunato de Trasmundi
    Cabana, Darío Xohán
    Xerais
    Fortunato de Trasmundi é a historia dun curioso personaxe dun fantástico país, o paraíso secreto das Sete p...
    No disponible

    20,50 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila