A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973

A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887357
Materia
FOTOGRAF?A
ISBN:
978-84-8288-735-7
Páxinas:
204
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
SIN COLECCION

29,75 €

IVE incluído
Comprar

Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor e xornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas as viaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile  durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta a Galicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica como retratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti, persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en Buenos Aires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seu tempo. O obxectivo do libro é difundir unha obra fotográfica de indubidable calidade estética, creativa e variada, atenta á paisaxe, á  xente, aos efectos da luz e á composición da imaxe. A mirada de Eduardo Blanco Amor é unha mirada que expresa o desexo de apreixar o mundo, de contemplalo dende a propia experiencia. As fotografías que se recollen neste libro son a mostra dunha actividade á que se dedicou  non dun xeito circunstancial senón cunha intención claramente estética e documental e como a expresión da súa necesidade de apreixar  o mundo no que viviu, de integralo na súa vida e de tentar explicalo desde a súa propia concepción da realidade. Unha obra eminentemente artística, resultado do interese do propio autor polas tendencias fotográficas da época e da historia da fotografía que nela se ven reflectidas: expresionismo, pictorialismo ou reportaxe.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • O viaxeiro radical
    Titulo del libro
    O viaxeiro radical
    Nº 336
    Quintia, Xerardo
    Galaxia
    Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia du...
    No disponible
  • Ramón Otero Pedrayo
    Titulo del libro
    Ramón Otero Pedrayo
    Casares, Carlos
    Galaxia
    Esta biografía traza os itinerarios vitais e creadores de Otero Pedrayo con liñas espidas e nidias. Trátase ...
    No disponible
  • Cousas dos nenos
    Titulo del libro
    Cousas dos nenos
    Nº 127
    Castelao
    Galaxia
    A obra de Castelao tivo moi presente a mirada dos nenos e das nenas. Esta mirada sobre as cousas da vida que ao...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,40 €

  • DORMENTE
    Titulo del libro
    DORMENTE
    Nº 242
    CASTRO,RAQUEL
    Galaxia
    Esta princesa está durmida? Será que non quere espertar? Por que queren que esperte? Para casala  con qu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,40 €

  • A nosa cinza
    Titulo del libro
    A nosa cinza
    Alcalá, Xavier
    Galaxia
    Na Galicia da posguerra Xoán vai madurecendo. Xunto a el pasamos da primeira infancia ao ingreso na Universida...
    No disponible

    17,90 €