A rotura das paisaxes

A rotura das paisaxes

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149899
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-989-9
Páxinas:
304
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Dous homes de avanzada idade camiñan por unha praia enleados en distintas conversas mentres, para o seu abraio e incomodidade, atenden, sen pretendelo, a unha serie de acontecementos que escapan da  súa comprensión e van alterando o seu estado de ánimo. Esa circunstancia obrígaos a reflexionar sobre a súa situación na praia, sen liberarse da dúbida de que se atope alguén máis canda eles a quen non dan visto.
 Cunha linguaxe multifocal, que ás veces roza o surrealismo, mesturando  realidade e ficción de xeito continuo e partindo dunha cita do pintor  Toulouse-Lautrec (que di que o esencial é a figura mentres que a paisaxe é un mero accesorio), Xesús Constela achéganos un libro no que  xoga con diversas técnicas literarias que van desde o máis espido dos  diálogos, ata unha sorte de poesía de carácter narrativo, pasando pola linguaxe cinematográfica ou a prosa poética, entre outras.
 Con moitas e moi diferentes voces narradoras relatando ao mesmo tempo,  A rotura das paisaxes configúrase como un libro que admite diversas ordes de lectura e, xa que logo, pode ser interpretado como unha novela para quen queira ver nel unha novela, ou unha colección de relatos para quen prefira ver nel unha colección de relatos.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Recambio dietario
    Titulo del libro
    Recambio dietario
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    9,80 €

  • Cociña vexetariana
    Titulo del libro
    Cociña vexetariana
    Burros, Miguel
    Xerais
    "Cociña vexetariana (As receitas do Cabaliño do Demo)" é un libro que ofrece outra maneira de entender a ali...
    No disponible

    16,30 €

  • Demos de verán
    Titulo del libro
    Demos de verán
    Nº 413
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviada...
    No disponible
  • O caderno azul
    Titulo del libro
    O caderno azul
    Alfaya, An
    Xerais
    No disponible

    8,35 €

  • Lueiro de papel
    Titulo del libro
    Lueiro de papel
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    No disponible

    7,40 €