A viaxe de meu pai

A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411105019
Ano de edición:
ISBN:
978-84-11-10501-9
Páxinas:
512
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Lingua

22,95 €

IVE incluído
Comprar

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a  perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non  é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que  condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica,  contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a  Guerra Civil española.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • O bestiario científico de Anxos Nogueirosa
    Titulo del libro
    O bestiario científico de Anxos Nogueirosa
    Fraga, Antonio M.
    Xerais
    I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • ROSALIA FEMINISTA
    Titulo del libro
    ROSALIA FEMINISTA
    De Castro, Rosalia
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €

  • Peixes do mar de Galicia II
    Titulo del libro
    Peixes do mar de Galicia II
    Vázquez, Xavier;Rodríguez Villanueva, Xosé L.
    Xerais
    Logo da publicación do primeiro volume de Peixes do mar de Galicia, con esta nova entrega cúbrese un importan...
    No disponible

    35,15 €

  • O meu criado máis eu; Citomegalovirus
    Titulo del libro
    O meu criado máis eu; Citomegalovirus
    Guibert, Hervé
    Xerais
    No disponible

    8,75 €

  • Noitebra
    Titulo del libro
    Noitebra
    López Rodríguez, Xavier
    Xerais
    Nun atardecer de tormenta, dous quilómetros antes de chegar a Santiago, a moto e máis eu marchamos fóra da e...
    No disponible

    12,00 €