Alguén virá...

Alguén virá.... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luís Seoane

Nº:
427
Editorial:
Laiovento, s.l.
EAN:
9788484876236
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-8487-623-6
Páxinas:
124
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
Ensaio

Alguén virá é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de  reformulación das hexemonías culturais nun Atlántico norte co que el seguía vencellado, aínda dende a distancia do exilio. Eran anos nos que o triunfo da narrativa da posguerra despois da Segunda Guerra Mundial contrastaba coa persistencia da guerra que expulsara da península a milleiros de exiliados republicanos. Neste contexto ineludible para entender o encontro cos intelectuais de Galaxia do período 1956-1958, Seoane afonda na percepción do desaloxo da historia  á que estaban forzados os exiliados, unha conclusión pesimista que metaboliza, porén, a través da escritura literaria. Exemplo disto son o poemario As cicatrices (1959) e, sobre todo, a obra de teatro A soldadeira (1957), analizadas no libro. Alguén virá parte destes escritos para establecer un diálogo entre a filosofía da historia coa que o romántico Seoane se defende do momento de perigo que foron para el os anos cincuenta e os textos que escribira dúas décadas antes unha  das voces de referencia do romanticismo revolucionario da Europa de entreguerras, o Walter Benjamin das Teses sobre a filosofía da historia. Pensar a Seoane dende o diálogo co fervedoiro que foi a Europa dos anos vinte e trinta, que el non deixa de revisitar ata a fin dos seus días, é facerlle xustiza ao pensamento que informa o seu plural legado cultural.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • La atracción del abismo
    Titulo del libro
    La atracción del abismo
    Argullol, Rafael
    Destino
    No disponible

    14,00 €

  • CASTEJON Y EL FERROCARRIL
    Antigo
    Titulo del libro
    CASTEJON Y EL FERROCARRIL
    TEJADA Y HERRERO, ELOY / ZAVALA, ANTONIO
    Sendoa, s. a.
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,60 €

  • Charles Bukowski
    Titulo del libro
    Charles Bukowski
    Nº 14
    Mármol Mendoza, Carlos
    Athenaica editorial
    Bukowski ha pasado a la posteridad como la encarnación de un arquetipo  cultural: el escritor depravado, obses...
    No disponible
  • FUGA E RETORNO DE ADRIÁN SOLOVIO
    Titulo del libro
    FUGA E RETORNO DE ADRIÁN SOLOVIO
    Nº 90
    Villares, Ramón
    Galaxia
    No disponible
  • Desertar
    Titulo del libro
    Desertar
    Nº 10
    Gómez Guthart Mikaël
    Candaya
    Una escritora y un traductor dialogan sobre literatura, sobre traducción y también sobre sus propias vidas. S...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,00 €

Laiovento, s.l. en Libreria Porta Da Vila