Álxebra linear

Álxebra linear. Historia, teoría e práctica

Nº:
79
Editorial:
Universidade de vigo
EAN:
9788481589191
Ano de edición:
Materia
CIENCIAS, TECNOLOX?A E MEDICI?A
ISBN:
978-84-8158-919-1
Páxinas:
223
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Manuais. Serie de manuais didácticos.

10,00 €

IVE incluído
Comprar

É ben coñecido que a álxebra linear é unha materia que aparece nas memorias da maior parte dos graos de contido científico-técnico. Tendo  en conta isto, esta obra está pensada para que o lector interesado poda afondar no seu estudo tendo a man unha exposición rigorosa da teoría, unha boa serie de exemplos ilustrativos e unha ampla colección  de problemas para practicar e afirmar o estudado. Partindo dunha breve introdución histórica, no segundo capítulo resúmense as propiedades básicas dos números reais e complexos. A continuación, no terceiro capítulo, defínense as nocións de matriz e rango que permitirán abordar no capítulo cuarto o estudo dos sistemas de ecuacións lineares. O quinto capítulo está adicado aos espazos vectoriais e ás aplicacións lineares deixando clara a íntima relación existente entre este tipo de aplicacións e as matrices. No sexto capítulo estúdase o problema de diagonalización, é dicir, saber cando unha matriz cadrada é semellante a unha matriz diagonal. O capítulo sétimo está adicado ás formas bilineares e aos espazos vectoriais con produto escalar. Nel introdúcese a noción de ortogonalidade e finalízase examinando certas propiedades das matrices simétricas con coeficientes reais. Este tipo de matrices xunto coa diagonalización ortogonal utilízanse no capítulo oitavo para clasificar as formas cuadráticas reais. Finalmente, o último capítulo da obra adícase a expor a teoría de descomposición en valores singulares, á construción da pseudoinversa dunha matriz e a súa aplicación á resolución de problemas de mínimos cadrados.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Universidade de vigo en Libreria Porta Da Vila