Antoloxía da literatura Galega 1981-2011/Anthology Galician literature

Antoloxía da literatura Galega 1981-2011/Anthology Galician literature

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498654516
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-451-6
Páxinas:
400
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
VARIOS

Ambas as dúas foron escolmadas por Jonathan Dunne, tradutor de prestixio, que se encargou da edición. Sesenta textos de sesenta autores ofrécense nesta nova antoloxía en edición bilingüe galego-inglés, incluíndo todos os xéneros: narrativa de ficción (tanto  para adultos como infantil e xuvenil), poesía, teatro e ensaio. Este novo volume ofrece unha selección completa da mellor literatura galega  producida ao longo dos últimos trinta anos, con nomes familiares como  os de Manuel Rivas e Chus Pato acompañados dun abondoso talento ata o  de agora en boa medida por descubrir. En edición bilingüe (inglés-galego), a Anthology of Galician Literature, 1981-2011 nace para espallar a creación literaria en lingua galega polos grandes ámbitos académicos e profesonais onde as letras circulan: universidades, centros de estudos do hispanismo e a lusofonía, lectorados de lingua galega, asociacións de tradutores, axentes e críticos literarios, medios de comunicación especializados, editoras comerciais, bibliotecas, feiras internacionais, etc. Non renunciamos á  utilidade da obra en centros docentes e en aulas de literatura (universitarias e de bacharelato). Mais a presente escolma quere ser, fundamentalmente, unha proposta ordenada do noso presente literario.Esta antoloxía aspira a presentar a literatura galega contemporánea ao público lector en lingua inglesa e constitúe unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega. 1196-1981, publicada en 2010.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila