Antón Avilés de Taramancos (1935-1992)

Antón Avilés de Taramancos (1935-1992). Unha fotobiografía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475073781
Ano de edición:
Materia
BIOGRAF?AS
ISBN:
978-84-7507-378-1
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

51,50 €

IVE incluído

Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña o 22 de marzo de 1992. En 1961 exiliouse en  Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país. Avilés de Taramancos, publicou os poemarios "As moradías do vento" (1955), "A frauta e o garamelo" (1959), "O tempo no espello" (1982), "Cantos caucanos" (1985, Xerais 2003), "As torres no ar" (1989) e "Ultima fuxida a Harar" (1992); ademais do libro de relatos "Nova Crónica das Indias" (1989, Xerais 2003) e da peza infantil "Tres capitáns de tempos idos" (Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa foron recollidas en "Obra viva" (1992). Antón Avilés de Taramancos. Unha fotobiografía (1935-1992) ofrece un singular percorrido fotobiográfico sobre a figura humana e literaria que Galicia homenaxea este 17 de maio. Preparada coidadosamente por María Dolores Arxóns Alvarez e X.Lois Agrelo Hermo, amigos persoais e biógrafos do poeta, a presente fotobiografía ofrece máis de douscentos  documentos gráficos (fotografías, programas, textos manuscritos...) e  textos literarios, ordenados cronoloxicamente, e, en boa parte, ata agora inéditos, que constitúen o máis amplo álbum documental sobre a figura de Antón Avilés de Taramancos. Percorrido fotobiográfico iniciado na súa aldea natal de Taramancos (1935-1953), que continúa no  seu tempo de formación e bohemia na Coruña (1953-1961), que se ensancha no seu perído en Colombia, a súa patria acolledora (1961-1980), que conclúe en Noia, a súa patria recuperada (1980-1992).  Percorrido visual, precedido polo ensaio "Antón Avilés, o sentimento fabulador da terra", preparado polo seu amigo e coetáneo xeracional o académico Salvador García-Bodaño Zunzunegui.O volume complétase cunha completa cronoloxía e unha bibliografía de e sobre Antón Avilés.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • O clan das barbies
    Titulo del libro
    O clan das barbies
    Yañez, Antía
    Xerais
    Un tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupación global. Dúas mulleres e un home na sala de esper...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • PIONEIRAS
    Titulo del libro
    PIONEIRAS
    Rodríguez Rodríguez, Anaír
    Xerais
    Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou di...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,50 €

  • A raíña de Turnedó
    Titulo del libro
    A raíña de Turnedó
    Sánchez García, Gloria
    Xerais
    Esta é unha historia contada a través dos recursos, tanto argumentais como formais, tomados da literatura da ...
    No disponible

    7,85 €

  • XA NON ESTOU AQUÍ
    Titulo del libro
    XA NON ESTOU AQUÍ
    MISA, IRIA
    Xerais
    Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Renacer
    Titulo del libro
    Renacer
    Paz, Xabier
    Xerais
    Despois da morte do pornógrafo Aretino, a súa filla Adria navega pola súa intimidade, esculca no seu interio...
    No disponible

    22,50 €