Antón Avilés de Taramancos. Vida e obra

Antón Avilés de Taramancos. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029473
Ano de edición:
Materia
BIOGRAF?AS
ISBN:
978-84-8302-947-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

9,55 €

IVE incluído

"Antón Avilés de Taramancos. Vida e Obra" fai un completísimo percorrido pola vida e a obra de Avilés de Taramancos da man de dúas das persoas que máis o trataron: Lola Arxóns e Xavier Castro, ámbolos dous profesores de literatura na vila de Noia e especialistas na súa obra. O libro consta ademais de numerosas fotografías e información gráfica cedida pola familia de Avilés. Ademais dos apartados de Vida e  Obra, os autores elaboraron tamén unha e unha importante bibliografía  de e sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2003. Este é un libro escrito coa paixón, a entrega e o coñecemento de quen tratou e conviviu con Avilés, gozando da súa amizade e mesmo do privilexio de ter lido os seus libros mesmo antes de que fosen publicados."Antón Avilés de Taramancos. Vida e Obra" non só é un excelente libro de iniciación para aqueles que queiran achegarse por primeira vez á figura do escritor noiés senón tamén unha achega ensaística de primeira man que bota luz sobre moitos aspectos escasamente tratados da vida e da obra de Avilés.Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De  regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do  país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e  concelleiro de Cultura de Noia pola BNG. Como poeta é autor de "As moradías do vento" (1955), "A frauta e o garamelo" (1958), "O tempo no  espello" (1982), "Cantos caucanos" (1985, Xerais 2003), e "As torres no ar" (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, "Ultima fuxida a Harar". Como narrador publicou "Nova Crónica das Indias" (1989, Xerais  2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en "Obra viva"(1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza "Tres capitáns de tempos idos", publicada por Xerais dentro da súa colección Merlín.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • O que é a vida
    Titulo del libro
    O que é a vida
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    Teo Runner, o repartidor máis rápido do Interpizza, aguanta a un xefe irascible e moi esixente. Aproveita as ...
    No disponible

    14,50 €

  • Endogamia 0.2
    Titulo del libro
    Endogamia 0.2
    Caride, Ramón
    Xerais
    Nas súas vacacións en Bangladesh, o xornalista audiovisual Eduardo Morán conseguiu facerse coas impactantes ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Que me pare o corazón se te esquezo
    Titulo del libro
    Que me pare o corazón se te esquezo
    Maceiras, Andrea
    Xerais
    Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • O galego Soto, líder da Patagonia rebelde
    Titulo del libro
    O galego Soto, líder da Patagonia rebelde
    Vieites Torreiro, Dolores;Bayer, Osvaldo;Mera, Manuel
    Xerais
    Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois Pérez Leira (como coordinador), a historiador...
    No disponible

    20,60 €

  • Volverás, golfiño
    Titulo del libro
    Volverás, golfiño
    Nº 239
    Maceiras Lafuente, Andrea
    Xerais
    A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán é...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €