As cidades invisibles

As cidades invisibles

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023150
ISBN:
978-84-8302-315-0
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVE incluído

Como fixera coa súa triloxía Os nosos antepasados, Italo Calvino xoga en As cidades invisibles a redefinir os mitos, neste caso do emperador  mongol Kublai Khan e o mercader veneciano Marco Polo, aínda que a empresa ten aquí ben máis calado. Non parte Calvino do Libro das marabillas do propio Polo, nin da realidade histórica do século XIII en que viviron estes personaxes. O xeito do noso Cunqueiro, os anacronismos deseñan un tempo imaxinario, indeterminado; o mundo da fábula contemporánea. Neste universo abstracto transcorre unha conversa entre o emperador e o mercader, na que este lle describe a aquel as cidades do seu imperio. Cidades, todas elas con nome de muller, presentadas como metáforas da sociedade e mesmo da existencia,  e observadas cun humanismo por veces irónico. Coma o fresco que adorna o Palazzo Comunale de Siena existe unha simetría sutil entre o bo e o mal goberno, entre a cidade xusta e a inxusta da que fala Calvino.En palabras de Miguel-Anxo Murado, o traductor para o galego desta edición e autor do prólogo, "a sociedade, pero tamén a linguaxe e a imposibilidade de expresar a realidade por medio das palabras, son  as grandes protagonistas deste libro escrito con tanto preciosismo lingüístico. As conversas entre Kublai e Polo están cheas de referencias á necesidade de imaxinar ou evocar antes que á posibilidade de describir. Así xorde outro dos elementos claves do libro: a memoria. A memoria como único patrimonio verdadeiro do ser humano. Un é o que pode lembrar. Esa é toda a bagaxe de Marco Polo, un  humilde estranxeiro, perante do Khan, que sen embargo nada posúe porque descoñece o seu propio imperio. Non se pode ter o que non se sabe". Este libro fermoso, considerado por algúns a creación máis lograda de Calvino, abriu en 1998 a nova liña de traduccións que Xerais ven ofrecendo dentro da súa colección "Narrativa".

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • LE CITTA INVISIBILI
    Titulo del libro
    LE CITTA INVISIBILI
    CALVINO, ITALO
    Mondadori arnoldo
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    20,28 €

  • Los libros de los otros
    Titulo del libro
    Los libros de los otros
    Nº 34
    Calvino, Italo
    Siruela
    «... soy todavía de los que creen, con Croce, que de un autor solo cuentan las obras.»  De la cart...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,95 €

  • Un optimista en América
    Titulo del libro
    Un optimista en América
    Nº 37
    Calvino, Italo
    Siruela
    Por primera vez en castellano, uno de los libros más fascinantes y secretos del genial autor italiano. &n...
    No disponible
  • MARCOVALDO
    Titulo del libro
    MARCOVALDO
    ER B - CALVINO, ITALO
    Klett
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    17,42 €

  • Les ciutats invisibles
    Titulo del libro
    Les ciutats invisibles
    Calvino, Italo
    Labutxaca
    El llibre més suggeridor d'Italo Calvino.El Gran Khan, l'emperador dels tàrtars, té a la cort Marco Polo, qu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • (G).(09).ANTROPOLOXIA 1O.BACHARELATO
    Titulo del libro
    (G).(09).ANTROPOLOXIA 1O.BACHARELATO
    Garea Traba, Eva
    Xerais
    No disponible

    30,60 €

  • Xeografía de Galicia
    Titulo del libro
    Xeografía de Galicia
    Piñeira Mantiñán, María José;Santos Solla, Xosé Manuel
    Xerais
    Xeografía de Galicia afonda nunha ampla visión do país desde a perspectiva da análise territorial, partindo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    41,95 €

  • A Ribeira Sacra (Galego)
    Titulo del libro
    A Ribeira Sacra (Galego)
    Garrido, Manuel
    Xerais
    Esta guía práctica da Ribeira Sacra descóbrelle ao visitante os encantos que esta bisbarra conservou ao long...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    28,95 €

  • Terra libre
    Titulo del libro
    Terra libre
    Jaraba, Fran
    Xerais
    Cuba, 1897. A illa vive sumida nunha crúa guerra entre as tropas independentistas -os "mambises"- e o exércit...
    No disponible

    3,00 €

  • Hordas de escritura
    Titulo del libro
    Hordas de escritura
    Pato, Chus
    Xerais
    Houbo unha morte e a morte entrou no amor; finalmente produciuse unha mudanza na escritura. Este libro é tamé...
    No disponible

    15,95 €