Así canta Galicia

Así canta Galicia. A Galicia polifónica en dous cambios de século

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025437
ISBN:
978-84-8302-543-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

29,00 €

IVE incluído

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada  unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino -veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais "Asi canta Galicia" e "Concerto popular", e sempre vencellado  ao mundo musical-, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que  constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • MANUEL MARIA: VIDA, VERSOS E REBELDIA
    Titulo del libro
    MANUEL MARIA: VIDA, VERSOS E REBELDIA
    VEIGA, MANUEL / LASTRA MURUAIS, XOSE
    Xerais
    Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun re...
    No disponible

    13,50 €

  • O XIRO
    Titulo del libro
    O XIRO
    Gómez, Noelia
    Xerais
    No disponible
  • Caderno profesorado primaria
    Titulo del libro
    Caderno profesorado primaria
     
    Xerais
    No disponible

    8,35 €

  • La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións
    Titulo del libro
    La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións
    Castro, Rosalía de
    Xerais
    Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las  orillas del Sar» (1884), esta ent...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,95 €

  • XA NON ESTOU AQUÍ
    Titulo del libro
    XA NON ESTOU AQUÍ
    MISA, IRIA
    Xerais
    Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €