Cantos caucanos

Cantos caucanos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029466
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-946-6
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

18,95 €

IVE incluído

"Cantos caucanos" publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa estadía durante dezanove anos en Colombia. O poemario, no que o autor expresa a súa saudade polo país americano, a súa segunda patria, -"aquela patria da mocedade", nas súas palabras, foi merecedor do Premio Nacional da Crítica, quedando tamén como finalista no Premio Nacional de Literatura. Como na maior parte da súa obra poética, en "Cantos cucanos" Avilés pretende recobrar as extensas xeografías do Val do Cauca como unha paraíso definitivamente perdido, a través da palabra poética. Na obra,  constituída por tres poemas extensos, organizados en dúas series ("Crónicas", a primeira, e a segunda homónima ao título do poemario), a visión deste paraíso comprende unha ampla franxa temporal que representa inicialmente un ámbito precolombino edénico, logo os horrores da conquista por parte dos españois, algún dos episodios da loita pola independencia, a época contemporánea dos anos vividos en Colombia e a súa posterior lembranza saudosa desde Galicia. Para explicar este proceso de recuperación do xa perdido, empregou Avilés a  figura de Ulises, imprescindible na configuración da súa poética. Para Martín Veiga, responsable da presente edición e autor do extenso estudio biobliográfico que a precede, a sabia utilización que Avilés fixo da súa experiencia americana desenvolvendo un tecido lírico que a  transcende, converten a "Cantos caucanos" "nunha obra única no ámbito  da literatura galega". A incorporación do exotismo, tanto temático como léxico; a ollada atemporal, acaso mítico; a potencia vitalista e a dicción rotunda e sonora; a prodixiosa potencia verbal destes versos; a suntuosidade desta voz, que se demora nunha narratividade historicista propia da nova épica, mesturada igualmente cos matices delicados da poesía lírica e elexíaca, aspectos valorados unanimente pola crítica, fixeron de Cantos caucanos un dos cumes colosais da poesía galega dos anos oitenta.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • Banquete de los eruditos libros VI-VII
    Titulo del libro
    Banquete de los eruditos libros VI-VII
    Ateneo
    Gredos, s.a.
    Ateneo ha convocado a veintitrés sabios, es decir contertulios, que van disertando sobre muy variadas cuestion...
    No disponible

    30,00 €

  • Ciudadano Max--
    Titulo del libro
    Ciudadano Max--
    Vázquez-Figueroa, Alberto
    Debolsillo
    No disponible

    5,86 €

  • Prometeo encadenado
    Titulo del libro
    Prometeo encadenado
    Esquilo
    Penguin clasicos
    Los mejores libros jamás escritos El destino, el sufrimiento y el poder divino: los grandes temas de la traged...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,95 €

  • UN ENEMIGO DEL PUEBLO CLASICOS UNIVERSALES
    Titulo del libro
    UN ENEMIGO DEL PUEBLO CLASICOS UNIVERSALES
    Ibsen, Henrik
    Vicens vives
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,40 €

  • El secreto de El Bosco
    Titulo del libro
    El secreto de El Bosco
    Peter Dempf
    Maeva ediciones
    Basándose en la fascinante figura de El Bosco, uno de los pintores más  intrigantes y brillantes de la histor...
    No disponible

    20,00 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila