Contos da Coruña

Contos da Coruña

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826334
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9782-633-4
Páxinas:
264
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
CRONICA

20,95 €

IVE incluído
Comprar

Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, entre o palco da festa e o peirao do Muro, polo toque do acordeón e o golpe de mar. Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios de comunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o vento de Nova York), enxebre e cosmopolita; como unha pedra chantada no océano; como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seu futuro. Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete, o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura; os percebeiros da Punta Herminia; Pucho Boedo e Sito Sedes, cantantes preciosistas; o ciclista Clemente; ou Manuel Cajaraville, o gran bailador de Aturuxo e Cantigas da Terra. Velaquí un periplo tasqueiro insólito, que nos leva dende o Bar Los Claveles, sede do esplendor da tapa de orella prensada, ata A Toquera, refuxio de mariñeiros, ou á apoteose de os Peteras dos Belés, taberna fermosa no medio das torres de Monelos. Velaquí un libro que recolle tamén a primeira antoloxía do  cantigueiro cascarilleiro, inzada de emocionantes repichocas e cantareas de historias lindas da memoria popular. Contos da Coruña é, pois, un convite fraternal para armar un poderoso periplo tasqueiro no que procurar toda a xenerosidade gastronómica das  nosas comarcas e das terras estremeiras de Galicia, agora felizmente cartografadas nos bares, tascas, baiucas e adegas do vello plano da Cidade do faro. Contos que arroutan o peito e aclaran a gorxa para nos  dicir quen somos e que facemos neste curruncho da Humanidade ao que ben chamamos Galicia.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Contos do mar de Irlanda
    Titulo del libro
    Contos do mar de Irlanda
    Nº 357
    Souto, Xurxo
    Xerais
    «As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía.  Galiza é unha pedra chantada no Atlán...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,95 €

  • A tralla e a arroutada
    Titulo del libro
    A tralla e a arroutada
    Souto, Xurxo
    Xerais
    No disponible

    6,45 €

  • (G).LINGUA GALEGA 4º.ESO-SECUNDARIA-
    Titulo del libro
    (G).LINGUA GALEGA 4º.ESO-SECUNDARIA-
    sierra veloso, xurxo / COCIÑA SOUTO, Xesús / DomínguezALMANSA, Paloma / Rodrigues Esteves, Amelia / Rodrígu
    Edelvives
    No disponible

    35,55 €

  • Contos da Coruña
    Titulo del libro
    Contos da Coruña
    Souto Eiroa, Xurxo
    Xerais
    No disponible

    16,00 €

  • O retorno dos homes mariños
    Titulo del libro
    O retorno dos homes mariños
    Souto, Xurxo
    Xerais
    Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos h...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • DOMINGO SOMBRíO
    Titulo del libro
    DOMINGO SOMBRíO
    Nº 284
    ZENITER, ALICE
    Acantilado editorial
    Generación tras generación, la familia Mándy ha vivido en una casa de madera. Pero lo que un día fue un apa...
    No disponible
  • Impacto
    Titulo del libro
    Impacto
    Preston,Douglas
    Debolsillo
    Un meteorito que impacta en la costa de Maine, unas gemas preciosas de  una misteriosa mina en Camboya y una in...
    No disponible

    9,95 €

  • Fundamentos de supervisión educativa
    Titulo del libro
    Fundamentos de supervisión educativa
    Soler Fiérrez, Eduardo;y otros
    La muralla
    Indice (Extracto): Palabras previas Presentación. Parte I: La supervisión escolar como ciencia de la educaciÃ...
    No disponible

    29,12 €

  • TEA ROOMS
    Titulo del libro
    TEA ROOMS
    CARNES CABALLERO, LUISA
    Hoja de lata
    Corren los años treinta en Madrid y las trabajadoras de un distinguido  salón de té cercano a la Puerta del ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,90 €

  • El origen de la vida
    Titulo del libro
    El origen de la vida
    Nº 303
    Oparin, Alexander Ivanovich
    Akal
    Hasta los inicios del siglo XX, las ciencias naturales habían sido incapaces de encontrar una solución racion...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    9,00 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Os corpos inscritos e os textos escritos
    Titulo del libro
    Os corpos inscritos e os textos escritos
    Beceiredo, Rebeca
    Xerais
    O xénero foi tradicionalmente o obxecto de intercambio, o obxecto devido en mercadoría. O xénero, en tanto q...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • (G).(11).MOITAS MATES 1.(3 ANOS)
    Titulo del libro
    (G).(11).MOITAS MATES 1.(3 ANOS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    6,65 €

  • A cidade dos desexos
    Titulo del libro
    A cidade dos desexos
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é...
    No disponible

    9,50 €

  • Dicionario de Arte
    Titulo del libro
    Dicionario de Arte
    de Gregorio Fernández, Emilio;Sendín Domínguez, Armando
    Xerais
    O Dicionario de Arte é unha obra de consulta, preparada polos profesores Emilio de Gregorio e Armando Sendín,...
    No disponible

    47,95 €

  • O peso do cerebro
    Titulo del libro
    O peso do cerebro
    Constela, Xesús
    Xerais
    En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús  Constela, cuestiónase de que xeito,...
    No disponible