Despois de ti, a chuvia

Despois de ti, a chuvia

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498653984
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-398-4
Páxinas:
56
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
245
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
VARIOS

Neste novo libro-disco Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio  Rúa, agasállanos cunha viaxe poética moi singular. Nas súas propias palabras, tiradas do prólogo do libro, cóntanos: Quería cambiar o mundo: velaquí a razón da miña poesía. O mundo concreto e sensible, cercano: aquel que doía, levantaba, acariñaba ou cuspía. Quería cambiar o mundo, prometo. (?) Creo que a poesía é o que fai mover o silencio. Non encontro definición máis certa para este libro de versos  e cancións. Poema e canto. Para os gregos eran a mesma cousa; en realidade, cantor e poeta resultaban idéntica voz. Orfeo congregaba coa súa lira a homes e mulleres, tamén a ninfas e deuses e musas inspiradoras, para que contemplasen o movemento invisible do silencio.  As veces choraban os seres reunidos, arrancadas as bágoas polo silencio. As veces repousaban a súa alma e deixaban correr entusiasmo:  náufragos de ventura, felices. Como escritor non encontrei aínda maior felicidade que un poema que emocione a quen o escoita (creo que a poesía sen emoción é unha mentira máis; unha acrobacia intelectual, hermética, críptica e voraz: carcome a literatura). Recito. Sempre. Camiño por diante, asfalto, nubes, quilómetros, verso por verso. (?) Con Despois de ti, a chuvia só pretendo mover o silencio. Emilio Rúa entendeuno. A súa sensibilidade danza en cada nota e transforma, transfórmanos. A poesía segue cambiando o mundo. Con perdón, afirmo.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila