Dicionario dos seres míticos galegos

Dicionario dos seres míticos galegos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497828697
Ano de edición:
Materia
DICIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-9782-869-7
Páxinas:
344
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
215
Alto:
280
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
DICCIONARIOS

50,95 €

IVE incluído

Dicionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes aportacións ó patrimonio cultural galego nos últimos anos. Nas 710 entradas das que consta o Dicionario dos Seres Míticos Galegos  pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos,  xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña. O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a Raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no Bergantín Pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ó  escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa Pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá o Ciprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Contos marabillosos II
    Titulo del libro
    Contos marabillosos II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

  • Diccionario dos seres míticos galegos
    Titulo del libro
    Diccionario dos seres míticos galegos
    Reigosa, Antonio / Miranda Ruiz, Xosé / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    Diccionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade d...
    No disponible

    43,30 €

  • Contos de maxia II
    Antigo
    Titulo del libro
    Contos de maxia II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    10,00 €

  • Contos marabillosos IV
    Titulo del libro
    Contos marabillosos IV
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

  • Contos de maxia III
    Titulo del libro
    Contos de maxia III
    Miranda, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Galicia
    Titulo del libro
    Galicia
    Fernández Del Riego, Francisco
    Xerais
    Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou p...
    No disponible
  • Galván en Saor
    Titulo del libro
    Galván en Saor
    Cabana, Darío Xohán
    Xerais
    O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá ...
    No disponible

    19,50 €

  • Don Merlo con chaqueta
    Titulo del libro
    Don Merlo con chaqueta
    Villar, Helena
    Xerais
    O libro consta de quince breves contos cos animais como protagonistas.  Uns animais que case sempre son os que ...
    No disponible

    8,00 €

  • O gato Bógar
    Titulo del libro
    O gato Bógar
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    Tres contos conforman este libro. No primeiro, escrito en primeira persoa, o gato do propio autor viaxa ó inte...
    No disponible

    7,70 €

  • A cidade dos desexos
    Titulo del libro
    A cidade dos desexos
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é...
    No disponible

    9,50 €